venres, 17 de xaneiro de 2020

VISITA Á BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL

Os nenos e nenas de 4° e 6° de educación infantil tiveron unha saída didáctica á biblioteca Juan Compañel. Nela, o bibliotecario César, comezou por ensinarlles as normas básicas que rexen este tipo de establecementos, amosoulles as instalacións e recursos dispoñibles e cómo acceder a eles coa familia no tempo de lecer. Ademáis, contoulles un conto moi divertido e presentoulles a unha morea de personaxes que eran protagonistas noutras historias. A visita rematou coa manipulación dos contos por parte dos nenos e nenas.
Foi unha visita moi entretida e de grande interese para os cativos/as. Dende a escola, convidámosvos a ir en familia  gozar das actividades e recursos que ofrecen.
https://photos.app.goo.gl/RQS3Au2guxrcWYa18
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO


Ningún comentario:

Publicar un comentario