venres, 31 de maio de 2019

ACTOS CONMEMORATIVOS 75 ANIVERSARIO: VENRES 31

 Os grandes protagonistas do acto do 75 aniversario da escola foron eles:

 

E por fin, chegou o día. Logo de tantos preparativos, e grazas a colaboración de tod@s, escenario, moqueta, bandeiras, cadeiras, bandeirolas, photocall, as nosas historias, e deixamos a nosa pegada, estaban listos. 
 


 

Contamos no ámbito institucional coa presenza do  alcalde, D. Abel Caballero, do Xefe Territorial, D. Cesar Pérez Ares, do inspector, D. Carlos Antuña, da concelleira de educación,  Dna. Olga Alonso, da portavoz de FOANPAS, Dna. Bertila Fernández.



Todos eles deixaron a súa pegada.


 

O acto comezou cun minuto de silencio, en sinal de dó, polo falecemento na estrada de Teis de tres alumnos dun IES de Redondela.
 
A continuación abrimos o acto coa Benvida da directora, Dna. Ángela Novoa Blanco.




Continuamos coa actuación de Dna. Noelia Andrés Oliveira, exalumna da escola que se dedica ao baile profesionalmente. 




Logo foi a quenda do alcalde, D. Abel Caballero que antes de dar o seu descurso, aproveitou a ocasión para facer entrega do galardón de Vigueses distinguidos, á directora da escola, en presenza de gran parte da comunidade educativa.

 


 Despois do seu discurso, o alcalde, abandonou as instalacións da escola, e fixo a súa intervención Dna. Ángeles González, xerente da empresa Rogomovil Vigo SLU, e antiga alumna da escola.




E finalmente, foi a quenda de intervención do gran autor e monologuista, Candido Pazó, quen tamén foi alumno do Resío durante un curso escolar, o 1973/1974.



A continuación, a directora da escola fixo entrega dun agasallo conmemorativo a tódalas autoridades presentes, Concello de Vigo, Inspección Educativa, Xefatura Territorial, Asociación Cultural Vila de Bouzas, Asociación de veciños de Bouzas, Foanpas e Anpa Os Irmandiños.


Para finalizar o acto, o Xefe Territorial, D. Cesar Pérez Ares, pronunciou unha verbas e impuxo a insignia da escola o tódolos mestres e mestras e tamén a nosa mascota, Picolindo.



Para finalizar o acto, o profesorado mailo alumnado tiñan preparada unha gran sorpresa: Unha fermosa cantiga sobre a escola.  


Ningún comentario:

Publicar un comentario