Hoxe, 24 de outubro celébrase o día da biblioteca escolar, polo que na escola celebramos o seu aniversario. Este é un día importante posto que as mochilas viaxeiras volven comezar a súa aventura de casa en casa. Picolindo, a nosa mascota, as levou ás aulas e presentoulle aos cativos os seus contidos. Aos novos alumnos, fíxolles entrega do seu carnet de usuario, e as normas de uso.
Cos maiores da escola, Picolindo coa colaboración da profe Cris e os nenos e nenas de sexto, prepararon un teatrillo para explicar dun xeito moi sinxelo o funcionamento da CDU.
Dende a Consellería, este ano decidiron que o cartel que fai visible a tarefa das bibliotecas escolares fora a de Xosé Tomás, que é o ilustrador elexido para representar o lema Aprender a pensar coa biblioteca escolar.
Agora unha pequena curta dos libros,
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario