luns, 25 de setembro de 2017

PICOLINDO PRESENTANOS AOS SEUS NOVOS AMIGOS.

Picolindo, a mascota da nosa biblioteca, quere presentarnos a uns amigos, que xa levan días nas aulas da escola. Estes catro amiguiños acompañarannos e guiarannos ao longo do tempo para que sexamos quen de levar a cabo a difícil tarefa de traballar cooperativamente.
O debuxante vigués, Jacobo Fernández Serrano, concedeunos a honra de debuxar para nós os distintos roles da aprendizaxe cooperativa con personaxes das súas bandas deseñadas:
    • PORTAVOZ
    • SECRETARIO
    • AXUDANTE
    • COORDINADOR
 Dende o pasado curso escolar,   a Aprendizaxe Cooperativa integrouse nas aulas do Rocío, chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. A finais do curso 2015/2016 decidimos participar nun proxecto de formación en centros para a implantación da Aprendizaxe Cooperativa nas aulas, porque nos parecía un instrumento ideal para  lograr a inclusión e a cohesión social, e  permitíanos o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado. O profesorado pensa que os contidos traballados con esta metodoloxía afianzanse máis.
 En resumo podemos decir que nas aulas  do Rocío,  o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas o que permite acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe. O traballo desenvólvese en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe. Deste xeito lograremos que os nosos alumnos sexan  persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario