Sebastián Rodríguez Veloso, coñecido como CHANO, visitou o pasado martes día 24 a nosa escola para dar unha charla aos rapaces. Estivo cos nenos de cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria. Este vigués de adopción, de 58 anos, sorprendeu aos nenos e nenas pola súa gran traxectoria deportiva.
Participou nas paraolimpíadas de Sidney, Atenas, Beijing e London, acadando 16 medallas.
Finalizada a charla, os nenos e nenas do sexto curso de educación primaria, tiveron a sorte de poder facerlle unha entrevista, da que daremos conta máis adiante.
Esta actividade pertence ao grupo de conferencias deportivas do noso ANO PICOLÍMPICO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario