sábado, 26 de outubro de 2013

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA.

 Dende a escola propoñemos celebrar dun xeito especial o DÍA DA BIBLIOTECA, a pesares de coincidir co día da folga no ensino, polo que extenderemos a actividade ao longo da semana que vén.  Propomos unha actividade en familia: 
RECOMENDA LIBROS A TODOS E TODAS.
Seguro que tedes moitos, un para cada día do ano ou para cada estado de ánimo: teredes libros para días de chuvia, para os días tristes, contos para o Nadal ou para ler nas vacacións, libros para celebrar ou para chorar, o voso libro favorito,...
O noso obxectivo é conseguir 
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico

Nos días de chuva ou vento: 
libros de entretenemento.
Nos de néboa e poalla:
libros de risas a esgalla.
Días de nubes con sol:
libros de contos de amor.
Para días de treboada:
libros de meigas e maxia.

Nos días de moito frío:
libros que falen de amigos.
E nos días de calor:
algúns libros de terror. 

e
versos segundo o estado de ánimo!!
Días nos que estou furioso:
libros para nenos curiosos.
Días de moita alegría:
libros..., libros de poesía!
Días de tristura e choros:
libros de música e coros.
Para os días sen paciencia:
libros de animais e ciencia.
Nos días de aburrimento:
libros de historias, a centos.
Para eses días escuros:
Libros de cómics, seguro!
E para tódolos días...
libros das "estanterías"! 
 
Animádevos a participar!

Dende o día de hoxe, comezan a rodar polas casas as nosas mochilas viaxeiras, cheas de recomendacións.
 
E os novos alumnos e alumnas coñecerán a nosa mascota picolindo que lles agasallará co seu carnet da biblioteca. 


 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario