luns, 6 de maio de 2013

A NOSA HORTA MEDRA.

Comezamos a observar os cambios na nosa horta. As froiteiras xa teñen follas, as ervellas xa saíron e os xirasoles tamén. A planta dos amorodos xa ten flor. Regamos e agardamos a  que o sol faga o seu traballo. As tomateiras comezan a medrar e a planta dos pementos  o mesmo. Hoxe tocoulle a quenda ás cabazas e ao millo. Os nenos de primeiro e segundo xa somos expertos labregos.

1 comentario:

  1. Hola nenos, que tal ese millo? espero que medre moito. Non esquezades regalo e darlle moito mimo. Unha aperta enorme para tod@s.

    ResponderEliminar