domingo, 15 de abril de 2012

PREPARAMONOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2012

Aproxímase de novo o DÍA DO LIBRO  e con este motivo queremos animarvos a participar na actividade
 MUSEO DE CONTO.
Cada FAMILIA, ESCOLLE o CONTO que máis lle gusta e fai un traballo manual que represente ese conto.
Xa temos preparada a sala do museo, gustavos?

ANIMÁDEVOS, os vosos fillos e fillas sentiranse orgullosos de mirar o traballo familiar en compañía dos seus amigos e amigas.



  Nen@s, cando queirades vos retratamos e vos convertiremos na nosa serea lectora. Aquí tedes aos primeiros. Están guapos!!!


 

  




Agora imos falar dos AUTOCOLANTES.


 
LEMBRA:
Cando te presentes a un concurso debes ler detidamente as bases, debes esforzarte por facelo o mellor posible,
e debes procurar que a presentación sexa a adecuada.
A vindeira semana poderedes votar aos oito mellores, previamente seleccionados polo profesorado.

Ademáis:
  • No autocolante debía aparecer DÍA DO LIBRO 2012.
  • Debe estar escrito en lingua galega.
  • O teu nome debe estar na parte traseira do debuxo.
  • Non podes ter faltas ortográficas.
  • A presentación debe ser limpa e clara, non se admiten tachóns, borróns, manchas de comida,...
  • Debe estar ben coloreado. As cousas feitas ás presas non quedan bonitas.
  • Todo traballo feito con cariño e ilusión sae ben. 
  • E lembra, cando o debuxo está ben perfilado luce moito máis.
Aquí podedes ver tódolos traballos presentados. 

AUTOCOLANTES12 - foto montaje

A participación no concurso foi elevada, aínda que algúns autocolantes foron descalificados.

 Son  chulos?
 Ide escollendo o voso favorito!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario