martes, 13 de setembro de 2011

BENVIDAS E BENVIDOS TODOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2011/2012.

Onte, 12 de setembro, deu comezo o curso escolar 2011/2012. Para darvos a benvida, no salón de actos celebrouse un pequeno acto de inauguración, no que se presentou a todo o Equipo Docente, lembraronse algunha das normas de funcionamento da escola e aproveitamos a ocasión para lembrar os mellores momentos do curso pasado. Puxemos dúas presentacións. Na primeira lembramos o gran traballo da Comunidade Educativa para conseguir a construcción da nova escola e na segunda algúns dos mellores momentos dos nosos rapaces en distintas tarefas e actividades escolares.
Para todos aqueles que non puidestes asistir, aquí tedes os traballos de presentación. Esperamos que vos guste.
O Equipo Docente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario