venres, 27 de maio de 2011

OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN.

SABEMOS QUE OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN,POR ISO, ADEMÁIS DE TRABALLAR CO CONTO,"O MONSTRO PELUDO",E PASALO FENOMENAL,INVENTAMOS,ENTRE TODOS,UN MONSTRO CHAMADO "TROMPI",PARA ASÍ AMOSALO.


Nunha cova húmida e gris, no medio dunha escura fraga, vivía un monstro peludo. Era feísimo!. Tiña unha cabeza enorme sobre peiños ridículos, o que lle impedía moverse moito e saír da súa cova.
Así comeza esta aventura que terá como protagonistas ao monstro que, e citando o editorial, "canso para comer ratos decide probar sorte coas persoas", e Lucila que será a súa primeira vítima, aínda que é princesa, resulta un pouco respondona. Ao monstro non lle gusta que lle tomen o pelo, sobre todo porque ten moitos. A princesa, con todo, non ten nin un de boba e está máis que disposta a demostralo.Queres saber que ocorre entre eles?Achégate a esta monstrosa historia e descubrirás un final sorprendente,como o fixeron os nenos/as  de 4 anos cando lles contou o conto a profe Maricruz.

QUEREDES COÑECER CANTOS TROMPIS FIXEMOS?
TANTOS COMO NENOS/AS, COA SÚA IMAXINACIÓN,TEN A PROFE MARICRUZ.



DE AGORA EN DIANTE,OS NOSOS NENOS/AS NON TERÁN MÁIS MEDO AOS MONSTROS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario