mércores, 16 de marzo de 2011

CHARLA DO SR. INSPECTOR DA BRIGADA DE SEGURIDADE CIDADÁ DE VIGO.

Hoxe, de 17h a 18.30h, as familias tiveron a gran sorte de poder asistir a unha charla de grande interese sobre as vantaxes e os inconvenientes do uso da Internet nos fogares e con menores.
A charla foi conducida polo Sr.  Luis Alberto Luaces Bustabad, Inspector da brigada de seguridade e atención cidadá da Policía Nacional de Vigo.





Nesta charla tratáronse, entre outros,  temas tan importantes como a supervisión do que fan os nosos fillos/as na Internet, os perigos dos chats, redes sociais, webcams, a pornografía infantil na rede, os virus informáticos, "hackers", os envíos seguros dos e-correos, as conexións de redes inarámicas, as suplantacións de identidades, os perigos das emisións de datos persoais, as estafas, etc.





As familias e os profesores quedaron encantados pola clara e sinxela exposición do Sr.Inspector, sempre amable e moi didáctico. Lembremos que este coloquio tamén foi realizado para os alumnos/as do terceiro ciclo de primaria no noso centro e os rapaces quedaron moi satisfeitos.
A profe Isa gravou coa cámara de vídeo da escola, toda a conferencia.

Dámoslle as grazas a tódalas familias asistentes e, por suposto, ao Sr.Inspector de Policía que tivo tanta amabilidade para connosco.
NON ESQUEZAMOS QUE INTERNET É ESTUPENDA PERO TEN OS SEUS RISCOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario