xoves, 6 de febreiro de 2020

XORNADA LÚDICA MULTIDEPORTIVA

O alumnado de 4º, 5º E 6º de Ed. Primaria acudiu o xoves 6 de febreiro a unha xornada lúdica ao CUVI, organizada polo Servizo de Deportes.
Os alumnos de 4º participaron en actividades de Loita Olímpica, os de 5º tiveron unha xornada de Atletismo e os alumnos de 6º Xogos Tradicionais. Foi unha xornada moi completa e divertida, na que compartimos actividades con outros centros de ensino da cidade.

mércores, 5 de febreiro de 2020

POESÍA POLA PAZ

Durante toda a semana os  nenos e nenas de primaria que quixeron, escolleron poesías que falaran de paz,  aprendéronas e viron pola biblioteca nos recreos a participar no MARATON  DE POESÍA POLA PAZ . 
Así nos agasallan coas súas voces.

xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA



Hoxe foi un día especial,  na escola celebramos o

DÍA MUNDIAL DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O profesorado da escola, traballando en equipo, programou e preparou ao longo de varias xornadas esta celebración. Nas aulas levaronse a cabo distintas actividades e dende as 12 de mañá, en grupos de traballo cooperativos demostrouse  que a idade non importa, que todos xuntos con ledicia e ilusión,  utilizando os  tapóns de reciclaxe que traen as familias,  montamos un collage que, no ximnasio, foi unindo as súas pezas para dar lugar a un fermoso mural.
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DAS FOTOGRAFÍAS DO EVENTO
 Como colofón, o alumnado e mailo profesorado cantaron xuntos a adaptación que Alberto Cunha fixo  da  canción "O Progreso" de Roberto Carlos