sábado, 31 de outubro de 2015

SAMAÍN 2015


 A FESTA DO SAMAÍN chega de novo a nosa escola. Esta festividade, esquecida durante un tempo, recobra nos últimos anos a súa importancia, dende que nas escolas se conmemora.

Esta festividade, era descrita como un encontro cos espiritos dos defuntos que tiñan autorización para camiñar entre os vivos nas datas do 31 de outono e o 1 de santos.


Na escola traballase moito esta data. Para celebrar o Samaín, hoxe xoves 29 de outono, fixemos unha festa de medo. Na festa houbo esqueletos, vampiros, zombies, bruxas,... 

As nenas e nenos de 4º de Primaria fixemos tamén un videoclip, que podedes ver a continuación:
 



A familia de Angel Gándara, de terceiro de primaria, fixo esta montaxe. Paga a pena vela malia que ten algúns erros lingüísticos. 


Grazas a tódalas  familias por colaborar. Sen o voso traballo esta exposición de cabazas para dar vida ao noso tunel do medo non sería posible.
Na escola dase moita importancia á superación dos medos. Na biblioteca organizouse una exposición de contos que falan do medo.
Contos tan interesantes como, FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS (editorial  OQO).

Agora unhas curtas que vos van gustar.




Tamén podedes ver esta canción en portugués. Hai algunha cousa que non entendas? 

xoves, 15 de outubro de 2015

A SORPRESA

Avecíñase unha gran sorpresa. Ninguén a espera pero... PICOLINDO, a nosa mascota, vai visitar a nosa escola en poucos días. A Biblioteca está de aniversario, e para preparalo...
 Resultado de imaxes para banderines de fiestaResultado de imaxes para banderines de fiesta
                                        

martes, 15 de setembro de 2015

BENVID@S TOD@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2015/2016. PICOLINDO CONVÍDANOS A GOZAR DO ANO PICOLÍMPICO.

No presente curso escolar, os nenos e nenas do Rocío, acompañad@s polos seus mestres e familiares convertiranse nuns verdadeiros 

INVESTIGADORES OLÍMPICOS

Da man da nosa mascota PICOLINDO, volveremos visitar Brasil e o Cristo Redentor para achegarnos a...

RÍO 2016

Aquí tedes a presentación da súa mascota
Viaxaremos a Grecia, para atopar as orixes, coñeceremos os deuses olímpicos, e... moitas cousas máis.

mércores, 1 de xullo de 2015

HOMENAXE A UNHA MESTRA

Esta é TETÉ, a mestra da escola que nos deixa.
Dedicámoslle unha cuarteta:

Outra pereira na escola!
Que árbore tan perfecta...
Aínda que non teña pólas,
Recórdanos a unha mestra.

Teñen moitos parecidos,
Máis, tamén, diferenzas.
Unha ten pequenas peras
Outra é unha grande mestra.




 Os nenos e nenas da escola quixeron despedila o pasado día 19 cun pequeno agasallo.


ACTO GRADUACIÓN XUÑO 2015

Benqueridas familias, iniciase o perido de vacacións estivais. Malia os problemas de carácter tecnolóxico, os nenos e nenas solucionaron o problema  de xeito excepcional sen necesidade  da música.
GRADUADOS EN EDUCACIÓN INFANTIL.
 



GRADUADOS EN EDUCACIÓN PRIMARIA.



Os nenos e nenas de sexto deleitaronnos cun rap. Os nenos e nenas de infantil cantaron e bailaron varias cancións.

martes, 30 de xuño de 2015

GRADUACIÓNS E FIN DE CURSO:"A 1º VOU..."

SE QUEREDES VER TÓDALAS ACTIVIDADES QUE SE FIXERON,NO FIN DE CURSO,NO AULA DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTÍL,PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.

OS NEN@S,XA DE PRIMEIRO,E A PROFE MARICRUZ VOS DESEXAMOS UNHAS...

FELICES VACACIÓNS!

sábado, 20 de xuño de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO.

PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

Este foi o destino elexido polo profesorado para facer a última saída didáctica do curso escolar 2014/2015.
Marabilloso lugar da natureza!!


O Monte Aloia é un cumio situado na serra do Galiñeiro, declarado parque natural o 4 de decembro de 1978. Está situado no concello de Tui (Pontevedra)  A súa vexetación está caracterizada por especies autóctonas acompañadas por especies de repoboación forestal. Posúe restos da cultura castrexa e elementos de interese etnográfico.

domingo, 14 de xuño de 2015

FESTA FIN DE CURSO ANPA 2015

Tarde marabillosa
 onde os nenos e nenas da escola poideron disfrutar coas actividades que a asociación de pais e nais tiñan preparada.
Comezamos coas exhibicións do grupo de baile e de taekwondo.
 Logo foron os inchables e...
 finalmente a festa da escuma. 

TARDE MOI DIVERTIDA!!!

SAIDA FIN DE ETAPA. SEXTO DE PRIMARIA.

luns, 8 de xuño de 2015

VISITA AO CONCELLO DE VIGO.

Os nenos e nenas de quinto e sexto curso de educación primaria, realizaron unha visita ao Concello de Vigo. Nesta saída, puideron descubrir como é o funcionamento do Concello dunha cidade tan grande coma a nosa.
A Casa do Concello é a casa de toda a cidadanía. Nela traballan moitas persoas. Os funcionarios desenvolven o seu traballo en distintos departamentos. Descubriron a lonxa, os laboratorios, o departamento de tráfego,... e estiveron na Sala de Plenos onde están os representantes que os cidadáns eleximos nas eleccións municipais.
Foi unha visita marabillosa!

venres, 5 de xuño de 2015

A FUNDACIÓN SALES.



Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria sairon da escola coas súas mestras e acompañados por algún pai e nai camiñaron ata a Fundación Sales, situado na avenida de Europa. Un fermoso lugar cheo de plantas terrestres e acuáticas. Un espazo  que conta cunha gran variedade de prantas silvestres e cultivadas de grande interese para os visitantes.


venres, 29 de maio de 2015

UNHA MAÑÁ NO CIRCO.

Hoxe foi un día especial.
 Os nenos e nenas fixeron unha actividade especial.
 Fumos os espectadores dunha magnífica sesión de...
CIRCO


venres, 22 de maio de 2015

CELEBRANDO O DÍA MUNDIAL DA DIVERSIDADE CULTURAL

Este xoves, seguindo coa programación xeral anual, e dentro do noso proxecto investigador das sete marabillas do mundo,

 CELEBRAMOS

 O DÍA MUNDIAL

DA DIVERSIDADE CULTURAL 

UNESCO

 Viñeron á escola os papás e mamás voluntarios e colaboradores para falarnos da súa experiencia visitando ou vivindo preto destas maravillas. A experiencia, completa as xornadas de expertos que tiveron lugar na nosa escola ao longo da semana da prensa.

 

 

 

 

 


GRAZAS, MAMÁS, PAPÁS  E TÍOS.