martes, 18 de xaneiro de 2011

A CEMENTACIÓN VAI A FUME DE CAROZO.

A perforadora está a embutir os pivotes para facer os alicerces. Fixádevos que máquina máis interesante!.

luns, 17 de xaneiro de 2011

NAVEGAR POLA INTERNET CON SEGURIDADE


O pasado mércores 12 de xaneiro visitounos a Policia Nacional para informar os nenos e nenas do 3º ciclo de primaria dos riscos de internet. Todos os nen@s amosaron moitísimo interese coa conversa do inspector Luaces que relatou paso a paso cales son os perigos que poden encontrar na web e que precaucións deben tomar para evitar problemas. Entre outros temas falouse da pornografía infantil, a piratería, os chats...

Invítovos a que vexades o vídeo onde se resume o máis importante.

venres, 14 de xaneiro de 2011

AS NOVAS DE "A VOZ DE GALICIA".A CRÚA REALIDADE.

CASTIGADOS/AS...POLA ADMINISTRACIÓN.
PICADE NA FOTO E LEDE ATENTAMENTE.
NON SE PODE DESCRIBIR MELLOR A SITUACIÓN.
E POR SE QUEREDES LER O DIARIO DIXITAL,AQUÍ TEDES O ENLACE...

PACIENCIA,PACIENCIA,MOITA PACIENCIA.

mércores, 12 de xaneiro de 2011

NO ROCÍO IMOS PREPARAR UNHA FERMOSA ACTIVIDADE PARA O DÍA DA PAZ.

Con motivo da celebración do día da PAZ, na nosa escola estamos a preparar unha actividade especial para o venres día 28, polo que solicitamos a todas as familias a súa colaboración. Para que todo saía ben precisamos TETRABRIKS de 1l de leite ou zume debidamente lavados. Por favor, recopilade moitos e traédeos axiña á escola.

martes, 11 de xaneiro de 2011

QUE SORPRESA,O profe JORGE!

     
Hoxe veu visitarnos o profe Jorge.O profe Jorge é o profe de ximnasia do noso cole.Temos moita sorte porque temos dous profes:Jorge e Fran , que estará connosco ata que o profe Jorge se poña mellor,que seguro será pronto.Para nós foi unha gran sorpresa que viñera ata nosa clase e foi unha ledicia para todos darlle unha aperta moi forte porque...sabedes cal é unha das cousas que non sabe todo o mundo dos nenos/as de 4 anos?
Pois que nós queremos mogollón ,mogollón ó profe Jorge.
                Todos os nenos/as desta escola quérenlle moito.
                          VOLTA PRONTO,PROFE JORGE!

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

Grazas a biblioteca do CEIP. Mestres Goldar
Elaborada polo Ceip San Walabonso

sábado, 8 de xaneiro de 2011

Ola, familias:
Xa empezamos un novo ano e a partires del debemos concienciarnos do importante dunha boa educación nutricional.
Por todo isto adxúntovos unha páxina web que nos pode axudar a preparar un menú saudable aos nosos fillos.
Votádelle un vistazo que é moi interesante.
FELIZ ANO




domingo, 2 de xaneiro de 2011

LOGO NOS VEMOS

Ola, nen@s:
Como van as vacacións?
Xa queda pouco para volver vernos... aínda que o que queda é o máis interesante.
Supoño que xa enviastes a carta aos Reis Magos... eu si.
Gustaríame moito ir ver a Cabalgata, pero non podo. Espero que vaiades e logo mo contedes. Se queredes traer algunha foto á volta, estarei encantado de vela.
Gozade do día de Reis cos vosos novos xoguetes. Xa queda pouco...
Vémonos logo. Traede moitas ganas de aprender cousas novas e moito ánimo para traballar.

Unha aperta con arrecendo a roscón de Reis.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2010.

Estimadas familias, este curso terá, de novo, lugar a AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO aos alumnos e alumnas do cuarto curso de educación primaria. No D.O.G do martes 14 de decembro de 2010, saiu publicada  a Resolución do 3 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da mesma.
 Nesta resolución indícase que a avaliación de diagnóstico correspondente ao curso 2010-2011 terá lugar os días 19 e 20 do mes de maio.
As competencias básicas que se avaliarán serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
Realizará a proba de avaliación de diagnóstico todo o alumnado que durante o curso 2010-2011 estea escolarizado en 4º curso.