venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Hoxe, 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse  o Día da Paz e a Non Violencia, celébrase o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Coa intención de non solapar datas, na escola buscamos crear entre tódolos membros da comunidade educativa unha exposición.  As nosas avoas levan dando cor á nosa infancia dende hai moitos séculos a través de ilustracións feitas con fíos e agullas: cobertores, xerseis, bufandas, manteis ou panos de mesa,... están ilustrados con motivos previamente pensados, calculados matematicamente e debuxados con patróns para que queden proporcionados. Seguro que todas e todos temos algún exemplo por casa. Gustaríanos poder compartilos nunha exposición que terá lugar dende o día 5 ata o 12 de febreiro polo que se pide ás familias que traian as pezas feitas a man antes do día 4.
Grazas pola vosa axuda.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario