venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Hoxe, ás 12h o alumnado da escola xuntouse no ximnasio da escola para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. A rapazada levaba días traballando nas aulas e hoxe, fixemos o acto común de celebración. Reflexionamos sobre a paz, buscamos onde existen conflitos armados e entre todos fixemos unha pomba de paz.

 

En plástica, basándonos no libro DENTRO DO GUERNICA, de Ana Alonso, da Colección Pizca de Sal, ANAYA,  reflexionamos sobre o que aconteceu na Guerra Civil Española e como o ilustrou Pablo Picasso. 


 Xa, nas sesións de Biblioteca, coa profe Ana, a rapazada buscou información, indagou, e creou un Genially, onde aparecen os maiores conflitos armados da actualidade.

Na aulas prepararon a canción de paz de Pablo Diaz, "TIC, TAC, TOC" e decían unha verba relacionada coa paz os mais cativos e unha frase de paz os maiores. Un bo momento para que a rapazada comprenda o que significa a guerra e o gran valor da PAZ. Esperemos que o noso alumnado, tralos días de reflexión, teñan pulos de cambiar o mundo no que vivimos para mellor. 

O acto foi presentado polos alumnos de quinto, Ane Cid e Daniel Fernández. 






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario