luns, 24 de outubro de 2022

24 DE OUTONO DÍA DA BIBLIOTECA

 Como cada 24 de outubro, celebramos na escola o Día da Biblioteca.  Para conmemoralo, a nosa mascota Picolindo agasallounos a todos e todas co NOVO CARNET DE BIBLIOTECA que será imprescindible para poder facer os empréstitos, pois a Consellería cambiounos o sistema Meiga polo Koha.

Tamén fixo entrega dos carnets de voluntariado e ofreceu ás distintas aulas dúas mochilas: A mochila lectora maila mochila creativa. Pico pensa e crea lindo é o tema anual; pero a nosa mascota quere que todos pensan e crean lindo; pais, nais, mestres e nenos e nenas.

Rematou o acto coa canción do album TIC TAC de Pablo Díaz e a canción de Parabéns polo seu aniversario.





mércores, 19 de outubro de 2022

SAÍDA DIDÁCTICA PARLAMENTO DE GALICIA

 


O alumnado do quinto e sexto curso de primaria viaxaron a Santiago para coñecer de preto o Parlamento de Galicia e o Edificio da Xunta.  Na visita ao Parlamento de Galicia coñeceron a labro que levan a cabo as deputadas e os deputados como representantes do pobo. No percorrido, aprenderon un pouquiño sobre as funcións, a organización e a historia do noso pobo. _Vigiston o pazo do Hórreo, o hemiciclo e asistiron dende a tribuna como público a un acto de sesión plenaria.

En ambas institucións aprenderon moitas cousas.


 


martes, 18 de outubro de 2022

VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN COMPAÑEL

 Ao longo do presente curso escolar, o alumnado da escola visitará a Biblioteca Pública da nosa cidade JUAN COMPAÑEL. Habitualmente faciamolo cada dous cursos pero dende o inicio da pandemia, non levamos acabo ningunha.No presente curso escolar, e tendo en conta a temática actual "PICO PENSA E CREA LINDO" adentrarémonos no mundo dos libros.

Este martes foi a quenda do alumnado do quinto curso de primaria que acompañad@s por un bibliotecario percorreu a parte infantil da mesma e tamén tiveron ocasión de ler, parender e mesmo xogar. foi unha interesante mañá.


luns, 17 de outubro de 2022

DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe é o Día das Escritoras, e na escola o celebramos montando un xogo de corredor ao que titulamos:


FEITICEIRAS DAS LETRAS QUE ALIMENTAN A NOSA IMAXINACIÓN


Hoxe comezamos as actividades de conmemoración do  Día das Escritoras.

Na pota aparecen autoras que pasaron pola nosa escola ou de libros que traballamos, e unha representación da súa obra. O alumnado ten que completar unha folla de rexistro na que aparecen varios títulos buscando autora, editorial, número de rexistro e tejuelo do exemplar da nosa biblio.

O alumnado do terceiro ciclo está deseñando unha presentación sobre cada autora. Animádevos a pasar pola biblioteca e ler algunha das súas obras!

Esperamos que gocedes co xogo!

 

xoves, 13 de outubro de 2022

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO


Outro ano máis, as familias teñen a oportunidade de participar no terrorífico Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio que facemos todos os anos cando chega o Samaín.
 
 As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 
 - AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 
 - VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
 NORMAS para os relatos: 
1- Estes terroríficos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de durar como moito 1 minuto e medio. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video. 
5- Cando xa teñades os microrrelatos feitos, tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o día 24 de outubro ás 23:59h. 
 
O día 28 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos autores destas terroríficas creacións. Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso. 
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios: 
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación e interpretación 
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non ten que ser necesariamente nesa orde!)
 
 Agardamos a vosa participación!!!
 

mércores, 12 de outubro de 2022

ESCRIBIR PARA COMUNICAR E COMUNICARNOS

Escribir para comunicar e comunicarnos. 

 Hoxe o facemos con elementos da natureza. 

 GRAZAS FAMILIAS!

 


luns, 3 de outubro de 2022

mércores, 14 de setembro de 2022

COMEZA UN NOVO CURSO CON NOVOS RETOS

 Benvidos e benvidas todos ao novo curso escolar, no que nos imos a lanzar a unha nova aventura. Que trataremos?, que investigaremos?, ... O que vos podemos dicir e que crear imos a CREAR moito XUNTOS.


 

luns, 27 de xuño de 2022

UN ANO DE TRABALLO NUN CLIC

 Finalizado un intenso curso "ALÉN DO RESÍO", deixamosvos un resumo a golpe de clic. Esperamos que vos guste. 

Feliz Verán!

 

venres, 24 de xuño de 2022

RADIO RESÍO NUN CLIC

Por se non lembras os programas emitidos, ou non tiveches tempo de escoitalos antes, aquí tes a oportunidade de recordalos.

mércores, 22 de xuño de 2022

MERCADO DO LIBRO USADO E DE OCASIÓN

(PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

 

 Despois de 2 anos acumulando libros, por fin puidemos celebrar este mercado tan especial como nos gusta: vendedores/as e billetes de Pikeuros. Canta matemática practicamos!