mércores, 8 de abril de 2026

CONTACONTOS NA ESCOLA DE MARC TAEGUER E OLALLA GONZÁLEZ

 

 

Dentro do programa Lectura e Familias, convidámosvos a compartir connosco unha tarde moi especial chea de historias, imaxinación e momentos para lembrar en familia.

Teremos o pracer de gozar dunha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Primaria, pensada para gozar xuntos, pequenos e maiores.

O contacontos estará a cargo de Olalla González, acompañada polas ilustracións de Marc Taeger, que darán vida a relatos tan coñecidos e queridos como Os chivos chivóns, A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella, Aquiles o puntiño e  Garabanciño, entre outros.

Será unha oportunidade única para compartir o pracer da lectura, rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación en compañía das vosas fillas e fillos.

Animámosvos a participar e a vivir esta experiencia xuntos! Agardámosvos!