xoves, 25 de decembro de 2025
mércores, 24 de decembro de 2025
A VOZ DO RESÍO, PRIMEIRO PROGRAMA
Como remate deste primeiro trimestre, no novo programa de Radio
Resío facemos un resumo dos acontecementos que tiveron lugar na nosa
escola ao longo deste outono. Agardamos que vos guste.
mércores, 17 de decembro de 2025
martes, 16 de decembro de 2025
PREMIOS SOSTENIBILIDADE ATLÁNTICO DIARIO
Hoxe fíxose entrega dos premios ao alumnado participante no concurso de sostenibilidade do Atlántico Diario.
A nosa escola, ten a cinco alumn@s gañadores:
- Fernando Blanco
- Roi Ojea
- Ane Cid
- Ariadna Pereira e,
- Iria Enríquez
NORABOA aos cinco!
O agasallo foi entregado polo alcalde da cidade D. Abel Caballero, e aquí tedes os seus traballos.
![]() |
| FERNANDO BLANCO |
![]() |
| IRIA ENRÍQUEZ |
![]() |
| ROI OJEA |
luns, 15 de decembro de 2025
O RESÍO ARRECENDE A NADAL
Na Escola do Resío xa arrecende a Nadal. Nestas datas tan especiais para as familias, o centro énchese de vida, ilusión e cor, converténdose nun espazo no que aprender tamén significa convivir, crear e desfrutar xuntos.
Como vén sendo tradición, aulas e corredores vístense para a ocasión:
- os vidros
pintados, unha das actividades plásticas máis agardadas polo alumnado,

- as aulas decoradas con esmero,
- os corredores ambientados e,
- un hall de entrada que
destaca polo seu carácter acolledor e creativo, froito do traballo conxunto de
toda a comunidade educativa.
Se na nosa cidade as rúas brillan con millóns de luces, na nosa escola son as oliveiras as que nos reciben cheas de luz. Ao acceder ao centro, atopámonos cunha gran árbore temática de Nadal, símbolo dun Nadal “feito a man”, construído con ilusión e colaboración entre alumnado, profesorado e familias.
Queremos agradecer especialmente a estas últimas a súa implicación, achegando unha gran variedade de adobíos elaborados en familia con materiais naturais.
Xunto á árbore, cobran protagonismo outros elementos singulares: o Apalpador, figura destacada do Nadal galego; a cheminea, a grande estrela construída con cabaletes de madeira e a casiña do Nadal, que esperta a curiosidade de grandes e pequenos.
Durante estes días tamén traballamos valores fundamentais. O alumnado escribiu cartas de desexos non materiais e deseñou a postal de Nadal coa que o centro felicitará as festas ás familias. Tras unha preselección, os propios nenos e nenas participaron nun proceso democrático de votación para elixir os debuxos de cada ciclo que conforman a postal deste ano.
mércores, 10 de decembro de 2025
XOGOS EN FAMILIA
Hoxe tivemos a sorte de contar na escola cun obradoiro de xogos de mesa en familia, de 16h. a 18.30h. Este obradoiro foi impartido por Andrea MINIMONSTROS, profesional do sector dos xogos de mesa.
Co obradoiro pretendimos fomentar o vínculo familiar e a diversión en familia a través do xogo, traballar habilidades sociais, cognitivas e motoras da rapazada e promover a cooperación, o respeto e a comunicación positiva.
Tamén quixemos dar a coñecer xogos de mesa que favorecen a lectoescritura, a competencia matemática e o pensamiento lóxico.
Houbo xogos para todas as idades e familias. Xogamos con:
- Tu cabra rema
- varios xogos de IQ LOVE, de lóxica e resolución de problemas.
- De uvas a peras
- Brick Like This! de Lego
- Crash cats challenge
- Batalla de genios
- Secret number
- Secret word
- Crazy kick
- Spilsh splash
- Magicaboo
- Mucho cucurucho
- Bim bam
- Halli galli, entre outros.
E o máis importante, pasamos unha tarde moi divertida de xogos.
As inscripcións fixeronse a través dun formulario de AbalarBox con 55 participantes entre os membros das familias mailo profesorado. A organización do obradoiro fíxose grazas a colaboración da Dirección da escola, a ANPA, ENAPAS, e o CFR de Vigo.
O profesorado aproveitou para falar tamén doutros xogos, facer unha selección e pedirlle aos Reis Magos unha pequena ludoteca para a biblioteca. Serán quen de conseguilo?
Xogar en familia a través de actividades desenchufadas, como os xogos de mesa non tradicionais, non debería ser unha experiencia puntual ligada a unha tarde especial de xogos na escola, senón unha práctica habitual nos fogares. Cando estas actividades se incorporan á rutina familiar, convértense nunha ferramenta educativa de gran valor.
A través do xogo, os nenos e nenas aprenden a seguir normas e quendas, a aceptar límites desde unha disciplina positiva e a xestionar emocións como a frustración, a espera ou a alegría compartida.
Estas aprendizaxes, vividas nun clima afectivo e de benestar, facilitan que poidan trasladar o respecto polas regras e pola convivencia á súa vida diaria, comprendendo a importancia das normas que, como sociedade, temos establecidas.



































.png)