Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.
Este curso, queremos facer coñecedora a toda a comunidade educativa do sinal de axuda . Este sinal de socorro é unha iniciativa dixital que xurdiu durante a pandemia para casos de violencia doméstica. Tamén é recoñecida como un sinal de axuda contra a violencia de xénero, a violencia machista, e calquera tipo de maltrato.
Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Logo de dous meses traballando con Legos, seguindo instruccións, chegou o momento de crear. Tivemos que crear soportes para apoiar o noso dispositivo móbil e non lesionar as cervicais.
Estes foron os seus inventos:
E fixeron unha presentación e defensa dos mesmos diante dos seus compañeiros, analizando as debilidades e fortalezas do grupo de traballo.
Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.
O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.
O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade.
O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.
Xornada divertida a vivida no primeiro curso de primaria traballando co robot OZOBOT. Debuxar trazos e acadar que o robot siga a liña, é moi divertido!
Hoxe, o alumnado do sexto curso de Educación Infantil, estivo repasando os trazos de números co robot Ozobot, que seguía o camiño que debuxabamos cambiando de cor e copiando o que nós debuxamos. Foi un obradoiro moi divertido!
Como todos os anos, non queremos esquecer as nosas
tradicións,a orixe do noso Samaín e as celebracións de Santos e
Defuntos ,como festexaban os nosos antergos estas festividades,que
comían,que son os calacús…
Por iso, na escola sempre
fixemos unha degustación de doces típicos do Samaín e froitos do
outono,pero nestes dous derradeiros anos e por mor da
pandemia, tivemos que suspender esta actividade coas familias
e substituila por darvos receitas e consellos para facer na casa e
pasar un serán agradable elaborando algunha receita rica, cos
vosos fill@s.
Este ano, compartironse con vos as receitas de chulas de cabaza e de biscoito de cabaza da profe Maricruz.
Foron moitas as familias que gozaron da actividade e enviaron ás mestras as mostras gráficas da súa elaboración. A mediados de novembro farase unha
escolma de todas as producións e poderedes acceder a elas a través
da aula virtual de “Psicomúsica” da profe Maricruz.
Esta semana estivemos a traballar nas aulas a emoción do medo. O medo, é un sentimento que nos fai pensar que algo negativo pode acontecer, danos sensación de perigo,... Ante o medo non todos respondemos do mesmo xeito,... Podemos ter medo ás alturas, aos espazos pechados, a quedar sós,...
Aprender a identificar as emocións é moi importante para coñecernos mellor a nós mesmos.
Hoxe xogamos co medo.
Tiramos fotografías disfrazados.
Prendimos as cabazas.
Fixemos un desfile de Samaín.
Pasámolo, xenial!
Premede na ligazón para gozar coas imaxes do día de hoxe.
Aproveitaron esta saída para coñecer as murallas do castelo do Penso no O Castro, parque coas mellores vistas da nosa cidade. Este monte é onde se asentaron os primeiros poboadores. As vivendas castrexas, que datan dos séculos III e I a.C., achegaron ao alumnado á arqueoloxía.
Fixeron o traxecto a pé, o que lles custou un pouquiño pero descubriron, as enormes áncoras que lembran a Batalla de Rande.