Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de educacion primaria terán a sorte de poder gozar coa gran ilustradora e autora de relatos Violeta Monreal.
Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación.
Violeta Monreal, naceu en Oviedo, licenciouse en Belas Artes e escomezou a súa carreira como ilustradora. Viaxou a Nueva York onde colaborou coa ONU na ilustración de varios proxectos. Dende entón se publican constantemente libros coas súas imáxes nas principais editoriais españolas.
Aquí tedes unha pequena colleita de libros poemas e cousas da súa vida . Premede nas imaxes .
Glogster compartido polo equipo da biblioteca do Ceip Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O 24 de febreiro,aniversario de seu nacemento, é o Día de Rosalía de Castro, por iso a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universisade de Vigo, en colaboración coa Asociación dos Gaiteiros Galegos acordaron celebrar o Día cunha interpretación masiva da Alborada de Rosalía en máis de 50 lugares do país.
Durante o ano haberá diferentes actividades ao longo de todo o país, pois moitas outras institucións, como a AELG ou o Consello da Cultura Galega, ademais de múltiples asociacións e concellos, celebran múltiples actos en memoria dos 150 anos de Cantares Gallegos.
Benqueridas familias, un ano máis levamos a cabo na nosa escola a celebración do ENTROIDO. Durante máis de tres semanas estivemos traballando "a todo tren" para poder deseñar os disfraces cos que os nosos alumnos e alumnas desfilaron o pasado venres.
Esta é unha das celebracións sinaladas no currículo para que os vosos fillos e fillas coñezan as principais festas e tradicións da nosa comunidade. Nenos, nenas, mestres, mestras, pais, nais, avós e avoas colaboraron para que esta festa fora unha nova ocasión na que todos nos xuntasemos e con moito esforzo, e coa colaboración de todos gozaramos con todas e cada unha das actividades realizadas.
O Meco mecón, deu ordes ao longo de toda a semana, e conseguíu que todos e todas obedeceramos.
Tivemos OBRADOIROS DE ORELLAS E FILLOAS. A totalidade do alumnado de educación primaria gozou dun obradoiro de cociña na sesión de expresión plástica esta semana. Pasáronno fenomenal.
A nosa
aula, a dos nen@s de tres anos, está a traballar cómo eran os seus primeiros habitantes, cómo vestían, cómo
vivían, cómo se alimentaban…estamos a facer un traballo de investigación.
O noso disfrace de entroido baseouse na vida e costumes destes primeiros boucenses.
Se queredes saber algo da historia de Bouzas, como fixemos os nosos disfraces, e sorprendervos con cousas que non sabiades antes...só tedes que premer na foto e veredes qué interesante.
FELÍZ ENTROIDO A TOD@S E UNHA APERTA MOI FORTE DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.
* aceite para fritilas e azucre para salferir por riba.
PREPARACIÓN:
Comezaremos mesturando a manteiga derretida coa auga nunha cunca, a seguir, engadimos os ovos mailo anís e o sal.
Onde
vaiamos amasar, facemos un volcán coa fariña e alí envorcamos a mestura
da cunca. Traballamos ben a masa. Unha vez rematado o traballo
cortamos, coa man, a masa en anacos pequenos e estiramos estes coa axuda
dun rolo (está ben rematar de estiralas coa man antes de poñelas na
tixola, xa que canto máis finas, máis crocantes e saborosas).
Fritímolas en aceite ben quente e poñémolas a escorrer de pé enrriba de papel absorbente ou papel de cociña.
Unha vez todas fritidas e ben escorridas poñémolas nunha prata e salferimos azucre por riba.
A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Publicado Yesterday por Asesoría Bibliotecas Escolares
Como vedes aquí enriba somos moitas as bibliotecas escolares que queremos celebrar esta boa nova.
Fina Casalderrey ten visitado xa o noso centro en máis dunha ocasión, a última no curso pasado. Todos os nosos PARABÉNS para ela e para a Literatura Infantil e Xuvenil nela representadas.
ANIMÁDEVOS a escoller libros dela na nosa biblioteca . Aí van algúns dos seus títulos:
Pesadilla en el tren Chocolate .
Chamizo .
Eu son eu .
Filla das ondas .
Ás de mosca para Anxo.
Puag, que noxo!. Quen me quere adoptar?
Unha Raíña negra .
Bicos de prata. Derradeira carta aos Reis Magos.
Xela volveuse vampira. Desventuras dun lobo namorado.
O estanque dos parrulos pobres. Dúas bagoas por Máquina. O neno can.
O noso centro educativo é un dos 60 colexios que no día de onte asinou un contrato-programa coa Xunta de Galicia. Neste acto estivemos presentes a meirande parte dos directores xunto co Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, acto no que estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch.
O conselleiro salientou o gran labor levado a cabo nos centros educativos, para acadar o mellor de cada un dos alumn@s.
A nosa escola participa con dous programas de reforzo e tres grupos de traballo.
Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir os costumes desta festa tan popular.
Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlle en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
Obradoiros de Bingo
Mira na presentación todas as imaxes
Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
Vive connosco as 12 badaladas!!
Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!