mércores, 29 de marzo de 2017

SEGUNDA CONFERENCIA: O ALUMNADO DO 5º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL SON EXPERTOS NA FOTOGRAFÍA

No día de hoxe, o alumnado da aula do quinto curso de infantil, deron unha fermosa conferencia sobre a evolución da fotografía ao longo da historia.
Coa axuda da profe Maricruz e a colaboración das familias, os nenos contaron que a cámara escura é o antecedente da fotografía, xa dende os gregos, con Aristóteles.
Dende a primeira publicación sobre a cámara escura ata as cámaras dixitais de hoxe en día e tódolo dispositivos que temos ao noso alcance para poder realizar fotografías.
Remataron a súa expososición cunha fermosa canción/karaoke.
Á volta das vacacións de Semana Santa poderedes gozar dunha exposición con todo o material elaborado.


1 comentario: