A semana pasada celebramos o Entroido no cole. O meco mandounos cada día
vir dunha maneira especial: calzado diferente, un mandil, pixama ou bata, obra de arte no corpo... e o venres viñemos vestidos co noso disfraz artístico.
Os máis pequeniños, que representan a escultura, disfrazaronse de estatuas da liberdade, os de catro anos, que representaban a fotografía, disfrazaronse de cámara, os de cinco anos atoparon no noso traxe rexional o mellor xeito de representar a danza. Xa en primaria, os nenos e nenas do primeiro curso, que son expertos na arquitectura, representaron, coa axuda dos seus pais, diferentes monumentos, un castro,cos seus habitantes, o Pazo Quiñones de León, a Catedral de Santiago, os edificios do Gaias,..
Os de segundos centraronse en Miró, como representante da pintura, os de terceiro, eran claquetas, xa que o cine e o seu tema. Os de quinto eran unha Oda á Musica, e os de sexto Mimos, pois son expertos no teatro.
A realidade é que estabamos todos moi guapos e moi simpáticos.
Como sempre fomos ata a Alameda de Bouzas (Alameda Suarez Llanos), sacamos unhas fotos e ao volver ao cole fixemos o tradicional XUIZO DO MECO. Logo, comimos os postres típicos que fixeron as nosas familias. E para finalizar tocou xogar e bailar!

GRAZAS
ÁS FAMILIAS COLABORADORAS, SEN ELAS NON SERÍA POSIBLE O PASARRÚAS, pois
a policía local, deunos o permiso de interromper o tráfico pero non nos
acompañou, o que dificultou o desfile. A pesares diso, pasámolo
fenomenal.
GRAZAS A TODOS!!!!
Aquí o podedes ver!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario