Un cómic, historieta, tira cómica ou banda deseñada é unha forma de arte visual que por medio de viñetas ilustradas forma unha historia secuenciada visualmente.
O Cómic, consiste na narración dunha historia a través dunha serie de ilustracións que se completan cun texto escrito. Tamén hai historietas mudas, sen texto.
O autor ou autores do Cómic organiza a historia nuns recadros chamados VIÑETAS.
O texto escrito, faise en globos ou bocadillos que serven para integrar na viñeta o pensamento ou discurso dos personaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario