luns, 3 de febreiro de 2025

ÉXITO ROTUNDO! GRAZAS FAMILIAS!


Hoxe colocamos os 107 niños recibidos na escola nas últimas dúas semanas, feitos por vós. Acompañounos o sol, os pais, as nais, os avós, as avoas e mailos veciños. 

Contamos tamén cun grupo moi importante de profesorado e alumnado do Centro de Educación Especial San Rafael, que non so contribuiron con aportación de niños, senón que viñeron ata a Avenida de Castelao coas súas escaleiras para colocar con nós moitas casiñas de aniñamento para paxaros.


Comezou un acto coa lectura dun manifesto, no que contamos o fachendosos que estamos por ter acadado o reto e por pertencer a esta comunidade educativa.


 

Continuou o acto coa canción "Paxariños a voar", co que celebramos o Día da Paz, na escola deste xeito tan especial.


 

Para finalizar, colocamos de xeito colaborativo todas as casiñas de aniñamento. 

Estade atent@s, sairemos na prensa escrita e na televisión.


 

 

A Avenida de Castelao vista polo alumnado


Ningún comentario:

Publicar un comentario