mércores, 8 de xaneiro de 2025

EXPERIMENTAMOS COS NOVOS MATERIAIS DA AULA STEAM

 

Korbo é un xogo de construción baseado en engrenaxes e rodas dentadas, que permite aos nenos e nenas crear estruturas que se moven.
Poderiamos dicir que é un xogo que permite a aprendizaxe e que desenvolve a creatividdade e a imaxinación nos cativos. Eles poden construír libremente ou seguir o manual do libro explicativo.
Permite mellorar a motricidade fina e a coordinación ollo-man, pois teñen que encaixar de xeito preciso as pezas. Aprenden xa dende tan cativos como funcionan as engranaxes a través da proba-erro.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario