O alumnado do terceiro ciclo de educación primaria embarcouse nun fascinante proxecto de deseño e impresión 3D, onde as matemáticas e a creatividade camiñaron da man. A partir dos coñecementos xeométricos adquiridos na aula, os nenos e nenas deseñaron chaveiros, medallóns e mesmo unha reprodución da mascota da biblioteca escolar, Picolindo, aplicando conceptos de dimensións e proporcións con gran destreza.
Pero o proxecto non quedou só no deseño! O espírito investigador e colaborativo guiou a busca de obxectos para imprimir nas impresoras 3D da escola.
Entre os deseños seleccionados destacaron os renos de Nadal, pensados como agasallos para os finalistas do concurso de postais, e os paxariños sonoros, creados para os participantes no concurso de escritura de cartas de amor, enmarcado no reto "100 niños de paxaros" e na celebración do Día da Candelaria.
Para levar a cabo este traballo, o alumnado explorou programas dixitais como Thingiverse, Tinkercad e MakerWorld, desenvolvendo habilidades de busca de información e coñecemento tecnolóxico. Ademais, tiveron a oportunidade de experimentar coa montaxe e configuración da impresora Creatily.
Ningún comentario:
Publicar un comentario