martes, 14 de xaneiro de 2025

DESCUBRIMOS O KAPLA

 Á escola chegaron varios xogos de Kapla. Este é un xogo de construción baseado en pequenas táboas de madeira de pino, todas do mesmo tamaño, que se apilan sen necesidade de cola nin fixacións. O principal obxectivo deste xogo é fomentar a creatividade, a precisión e o equilibrio a través da construción libre ou guiada (existen varios libros con exemplos de construción).

 

En primeiro lugar, deixeille o xogo aos rapaces para que experimentaran e  puideran  crear as estruturas que quixeran. Ao estar xogando en equipo tiveron que planificar antes de construír. Experimentaron e xogaron coas simetrías, o equilibrio e as proporcións. 

Traballaron de dous xeitos: primeiro ideando e construíndo un deseño libre e logo seguiron os modelos dos manuais Kapla a través dunha construción guiada.







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario