Os
nenos e nenas de Ed Infantil e 1º curso de Ed.Primaria visitamos ó
"Clube hípico Alazán",coa súa Escola de Equitación "San
Cosme".
Que
experiencia tan marabillosa! Pasámolo xenial e aprendimos unha morea
de cousas sobre os équidos, alimentación, coidados..., e un deporte
moi especial e bonito como é a equitación.
Decatámonos que existen
outros deportes, tamén moi chulos, ademais dos que se xogan cun
balón. Alí puidemos gozar de actividades como o cepillado do cabalo,
paseos en poni con circuíto, exhibición de choutos, visita ás
cortes, aprendizaxe da alimentación dos mesmos, métodos de adestramento...
Queremos
dar as grazas a Vero, Alexandra e Nerea pola súa dedicación e
amabilidade; aos ponis ,cabalos e eguas por portarse tan ben e ter
tanta paciencia connosco e, sobretodo, a Carlos, o director da
escola, por ser tan simpático e atento connosco.
Repetiremoooos!
Aquí
vos deixamos as imaxes desta fermosa actividade.
Para poder velas só tedes que
premer na ligazón.
Me encanta! Se nota que lo pasaron estupendo
ResponderEliminar