Este "kit" é froito do traballo desenvolvido na escola durante varios anos e co que agora queremos agasallar a outras comunidades educativas. O xermolo deste "kit" é unha actividade, "A palabra do día", desenvolvida desde hai máis de oito anos entre o profesorado da escola, no marco das actividades de fomento e uso da lingua galega.
Esta actividade consiste en apuntar, cada día, no encerado da sala de mestres da escola, unha palabra coa súa definición, relacionada co proxecto anual do noso centro. O profesorado do centro é o encargado de facer chegar este vocabulario ao alumnado ao longo do curso.
Esta actividade consiste en apuntar, cada día, no encerado da sala de mestres da escola, unha palabra coa súa definición, relacionada co proxecto anual do noso centro. O profesorado do centro é o encargado de facer chegar este vocabulario ao alumnado ao longo do curso.
Posteriormente, esta actividade engadímoslle outra, consistente en realizar cara a fin do curso , unha competición de "Pasapalabra" con todo o vocabulario desenvolvido na "Palabra do día" durante o ano. Nesta competición participa todo o alumnado de primaria e ten unha grande acollida por parte de todos os nenos. Doutra banda, o "Pasapalabra" aumenta o interese entre os rapaces en asumir o vocabulario da "Palabra do día", engadíndolle maior valor á actividade.
Neste curso, o noso proxecto anual atinxe ao medio rural, as tarefas desenvolvidas no campo tradicionalmente, e quixemos darlle unha volta máis a esta actividade establecendo un espazo no que expoñer as "palabras do día" de cada mes. Neste espazo tiveron cabida outras actividades como pasatempos, adiviñas, enigmas,...
Esta exposición vaise renovando cada mes, do mesmo xeito que as actividades propostas nese mesmo espazo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario