“Cómo cambia el cuento” de Pinto e Chinto. Aproveitando a lectura deste conto no que se fan
versións moi particulares dos contos clásicos de Andersen, Perrault, Os irmáns
Grimm… realizamos varias actividades:- Buscamos na biblioteca ou trouxemos da aula as
versións orixinais de cada conto. A cada alumno se lle asignou un conto do libro e
tivo que:- Contarnos a versión clásica do mesmo, con
monicreques, con debuxos, en vídeo…(MARINA E
LUCÍA)
Escribir unha versión diferente do seu conto e
traer unha maqueta, boneco ou debuxo co que ilustrar a devandita versión. Con todas elas
fixemos unha exposición no corredor. Todos estas historias recompilámolas nun libriño
que lle demos de agasallo a Carlos López (Chinto) cando veu visitarnos ao cole.
Grazas pola vosa colaboración! PREME na LIGAZÓN se queres ver todas as creacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario