martes, 25 de outubro de 2016

QUE GRANDE EXPERIENCIA!!. PINTANDO COAS MANS


ARTE RUPESTRE
Foto:

Non houbo mellor inicio de proxecto que, traballar coa dáctilo pintura ou pintura de dedos. Tódolos nenos e nenas de educación primaria, convertéronse por un día en homes e mulleres da prehistoria, e aprenderon a descubrir o tacto e espertaron a súa creatividade.  Grazas ao contacto coa pintura, os nosos alumnos e alumnas desinhibíronse e expresáronse pintando coas mans, dedas, unllas,...


Foto:

Houbo que protexer moito o laboratorio das artes da escola, e algún manchou a roupa pero gozaron coa actividade na que mamuts, cervos, arcos, frechas, siluetas de mans, petróglifos,... apareceron na obra de cada un deles.

A tarefa era sinxela, so tiñan que observar e debuxar.


Foto:


Tamén tivemos que investigarse existían as pinturas e os pinceis. Claro que non existían, os artistas daquela época tiñan que fabricarse tódolos materiais. Utilizaban carbón, terra, sangue,... e para pintar utilizaban mechóns de pelo dos animais, pero xeralmente, utilizaban as súas mans.
Tódalas pinturas realizadas no interior das covas coñécense polo nome de ARTE RUPESTRE. 
Naquela época os homes e mulleres protexíanse do frío e do ataque das feras en covas. As pinturas localizábanse nas partes máis profundas das cavernas. Nós, tamén fixemos a nosa cova rupestre, nela representamos bisontes, cervos, mamuts, osos e touros.
Por certo, na nosa cova vive a TATARA TATARA AVÓA DE PICOLINDO. Fúchedes a saudala?



Foto:

Ningún comentario:

Publicar un comentario