martes, 25 de outubro de 2016

LITTLE BOY

O alumnado do quinto e sexto curso de Educación Primaria, acompañados polos seus titores, asistiron hoxe á proxección do filme LITTLE BOY , no cine Salesianos, dentro do programa CINE ENSINO. Esta é unha película producida no ano 2015 por Alejandro Monteverde, é nela se conta a vida dun neno de oito anos apodado, 'Little Boy', debido a súa baixa estatura. O neno que padece problemas de crecemento, é ridicularizado e acosado polos seus compañeiros de clase e veciños, sen embargo, él non se sinte molesto, él está feliz porque ten ao seu pai ao seu carón. 
Cando chaman ao seu pai para combatir na Segunda Guerra Mundial, o seu mundo desfaise. Facéndolle caso ao pastor da cidade, e grazas a súa fe, trata de rematar coa guerra e de traer ao seu pai de volta a casa.Resultado de imagen de little boy






Ningún comentario:

Publicar un comentario