Actividade de contacontos, na que Bea e David, trouxeron unha manchea de fermosos contos. Os nenos e nenas estiveron abraiados e encantados. Non fai falla máis que miralos...
Os contos foron contados pero tamén cantados, pois David, trae o seu acordeón.
Moitas grazas polos vosos contos solidarios.
A campaña IMPÓRTANOS!
é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo promover a reflexión acerca das relacións de interdependencia Norte-Sur e o paradigma de cidadanía global.
Unha campaña que pretende:
- Poñer en valor a conexión entre o global e o local resaltando o carácter interdependente de ambas dimensións e insistindo nas interconexións entre pasado, presente e futuro para aumentar o coñecemento sobre a realidade do Sur e a realidade do Norte
- Facilitar a toma de conciencia sobre as causas que explican a existencia da pobreza, da desigualdade e provocan que unha maioría da poboación mundial non poda satisfacer as súas necesidades básicas e careza de oportunidades e dereitos
- E promover o compromiso para o cambio, a través da acción participativa (pensar globalmente, actuar localmente)
Unha iniciativa do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Política Social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario