martes, 7 de decembro de 2010

CALENDARIO 2011 .AULA 4 ANOS.

Como tódolos anos no Nadal, agasallamos ás familias cun calendario feito por nós.
Á nosa clase tocoulle o mes de xuño,que tamén se chama "San Xoán".
Como neste curso o tema central é... 
"Pasado,presente e futuro do C.Rocío"
 nós escollemos as materias que se impartían antes e agora nas escolas públicas dende a época da II República ata os nosos días. Só teremos un por familia pois custa moito diñeiro imprimilo e ademais en cor.Como podedes observar saímos todos e todas,incluso todos /as os profes que tanto traballo pasan connosco .Seguro que,coma sempre, vaivos encantar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario