venres, 17 de decembro de 2010

AQUELES TEMPOS...

Os nenos e nenas do 1º e 2º ciclo recibimos hoxe a visita de dous antigos alumnos do cole (pais de alumnos de agora) que nos contaron cousas de cando eles estudaban aquí.
Foi moi interesante e divertido!

 
Estivemos moi atentos

Contáronnos como eran as aulas, os castigos, os recreos... tamén explicaron que non había comedor, que tiñan clase pola mañá e pola tarde...
E, oh sorpresa!! Non estudaban Coñecemento do medio senón Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
 
Explicaron a que xogaban no recreo

Fixemos moitas preguntas
Esperamos que veñan máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario