mércores, 8 de decembro de 2010

EN PLÁSTICA FACEMOS MOITOS TRABALLOS.

Dende a aula de plástica participamos constantemente na decoración da escola, en distintas propostas do noso amigo Picolindo e ademáis paticipamos en moitos concursos.
Ambientamos a escola. No presente curso escolar e con motivo do inicio das obras de reordenación do noso centro, o tema central é:
ESTAMOS EN OBRAS, polo que parte da decoración do hall de entrada é sobre a maquinaria e distinto instrumental utilizado nas mesmas.





Elaboramos a postal de Nadal.Tódolos anos todos os nenos e nenas da escola elaboran un debuxo que será exposto, para que o resto dos nenos da escola voten aquel debuxo de cada ciclo que máis lle gusta.
So catro poderán ser os elexidos, un de cada ciclo.








Concursos.
Ultimamente estamos a participar en moitos concursos de debuxo. Concretamente o curso pasado o fixemos en Vigolandia, Arte na escola do Concello de Vigo, Que é un rei para ti?, Concurso de Arte Postal,... entre outros.e... ademáis gañamos premios. Aínda que sabemos que o máis importante é participar, o mellor e que estamos a levar premios.





1 comentario:

  1. hola me llamo Sara y estoy en el colegio Virxe do Rocio y me encanta porque hacemos muchas actividades divertidas

    ResponderEliminar