mércores, 30 de maio de 2018

SAÍDA DIDÁCTICA A UN CLUBE HÍPICO


Os nenos e nenas de Ed Infantil e 1º curso de Ed.Primaria visitamos ó "Clube hípico Alazán",coa súa Escola de Equitación "San Cosme".
Que experiencia tan marabillosa! Pasámolo xenial e aprendimos unha morea de cousas sobre os équidos, alimentación, coidados..., e un deporte moi especial e bonito como é a equitación.
Decatámonos que existen outros deportes, tamén moi chulos, ademais dos que se xogan cun balón. Alí puidemos gozar de actividades como o cepillado do cabalo, paseos en poni con circuíto, exhibición de choutos, visita ás cortes, aprendizaxe da alimentación dos mesmos, métodos de adestramento...
Queremos dar as grazas a Vero, Alexandra e Nerea pola súa dedicación e amabilidade; aos ponis ,cabalos e eguas por portarse tan ben e ter tanta paciencia connosco e, sobretodo, a Carlos, o director da escola, por ser tan simpático e atento connosco.
 Repetiremoooos!



Aquí vos deixamos as imaxes desta fermosa actividade.
 Para poder velas só tedes que premer na  ligazón.

martes, 29 de maio de 2018

BOOKTUBERS MAIO

Facéndose desexar, chegan os booktubers de maio.

OS CAMIÓNS E MÁQUINAS VOLVEN Á ESCOLA

O pasado luns día 21 de maio, comezaron as obras na nosa escola. Era certo o que nos contaron os mestres e mestras da escola. Este curso escolar tivemos que adiantar a festa de fin de curso da ANPA, porque os camións e as máquinas, ían invadir a nosa pista de xogo. Os operarios comezaron a traballar e nós os partidos da pista,xa  non os podemos xogar.
 Cando chegamos á escola, preto das nove, xa se intuía movemento. Os operarios puxeron un cerramento para que non puidesemos acceder á pista.
 Hoxe, chegaron camións e outras máquinas que derrubaron parte do muro da escola. Parece que vai a ser o oco de entrada de tódolos vehículos de construción precisos para levar a cabo o teitado da pista. Xa chegada a tardiña, os obreiros entraron en acción é pouco a pouco, ... mirade como deixaron á beirarrúa da escola. 

martes, 22 de maio de 2018

GAÑADORES CONCURSO DE MAQUETAS

GRAZAS A TODOS E TODAS POLO VOSO TRABALLO E PARTICIPACIÓN!
Que dificil foi chegar a un consenso entre todos; eran moitas as maquetas presentadas, e moi bonitas todas elas. Decidiuse establecer un patrón con varios criterios valorables:
  • A maqueta a fixo só o neno ou nena?, participou a familia?,  fixerona entre todos?
  • E orixinal?
  • Cómo é a súa presentación?
  • Axústase  ao solicitado na convocatoria do concurso?
  • ...
Deste xeito, votaron membros do claustro, do persoal non docente, algún pai/nai, antigos alumn@s e alumnos e alumnas do sexto curso de primaria que non participasen no concurso.
Agasallouse a tódalas familias participantes e entregouse un premio ás seis maquetas máis votadas, que superaban os 100 puntos.
Os premiados, son:


  • Familia de Silvia de 6º EP
  • Familia de Ángel de 5º EP
  • Familia de Mar de 6º EI
  • Familia de Pablo de 1º EP
  • Familia de Nora de 2º EP
  • Familia de Olyvia e Marvin de 4º e 5º EP



Se queredes ver todas as maquetas, PREME NO ENLACE

CONCURSO DECORACIÓN DE OVOS

Dende o Departamento de Inglés, e de xeito habitual, todos os anos celébrase o Happy Easter, polo que  se convocou un concurso para pasar unhas "felices Pascuas" en familia. Os resultados son marabillosos, e na festa das Letras, entregaronse os agasallos aos gañadores. Aquí tedes unha foto deles, e unhas imaxes dos seus traballos.



4º EDUCACIÓN INFANTIL, SOFÍA COLÓN
5º EDUCACIÓN INFANTIL, INÉS
6º EDUCACIÓN INFANTIL, MAR
1º EDUCACIÓN PRIMARIA, PABLO
2º EDUCACIÓN PRIMARIA, MARINA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA, YASMINA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA, DANI SOBRINO
5º EDUCACIÓN PRIMARIA, DAIRA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA, XIÁN



PREME NA LIGAZÓN PARA GOZAR COS TRABALLOS DE TODO O ALUMNADO

luns, 21 de maio de 2018

COMO CAMBIA O CONTO


“Cómo cambia el cuento” de Pinto e Chinto. Aproveitando a lectura deste conto no que se fan versións moi particulares dos contos clásicos de Andersen, Perrault, Os irmáns Grimm… realizamos varias actividades:- Buscamos na biblioteca ou trouxemos da aula as versións orixinais de cada conto. A cada alumno se lle asignou un conto do libro e tivo que:- Contarnos a versión clásica do mesmo, con monicreques, con debuxos, en vídeo… (MARINA E LUCÍA)





 

 Escribir unha versión diferente do seu conto e traer unha maqueta, boneco ou debuxo co que ilustrar a devandita versión. Con todas elas fixemos unha exposición no corredor. Todos estas historias recompilámolas nun libriño que lle demos de agasallo a Carlos López (Chinto) cando veu visitarnos ao cole.


Grazas pola vosa colaboración!
PREME na LIGAZÓN se queres ver todas as creacións.

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO...

Próximos ao periodo estival, os nenos enenas de segundo  lémbrannos...
LUME NOS MONTES,
NUNCA MÁIS

Fanno cunha cantiga de Migallas, titulada 
"O eucalipto e o carballo" 

sábado, 19 de maio de 2018

FESTA ANPA 2018

Exhibicións de ximnasia, taekwondo, baile,... inchables, festa da escuma, globoflexia, obradoiro de maquillaxe...
Calor e diversión reinaron esta tarde na  pista da escola. 






Se queres ver máis imaxes, PREME no enlace

venres, 18 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Mª Victoria Moreno é a cuarta muller á que se lle dedica o día das LETRAS GALEGAS. Nada en Cáceres no 1939, vén a galicia con 22 anos para traballar nun instituto  e queda na nosa terra escribindo e defendendo o noso idioma.
Para conmemoralo, na escola, ademáis de facer diferentes investigacións e estudos nas aula, fixemos unha actividade colaborativa baseada nunha gymkana, na que os nenos e nenas mesturados por idades, buscan pezas, e respostas para acadar entre todos construír tres puzles enormes que lembran a vida e obra da autora.
 
 

 Se queres ver todas as imaxes do evento, preme na seguinte ligazón. LETRAS GALEGAS

O acto rematou tocando e cantando entre todos o himno galego, obra de Eduardo Pondal, no seu poema Os Pinos.






HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.




UNS MAIOS DIFERENTES



Por mor dos incendios do pasado mes de outubro, as familias do noso alumnado confeccionaron unhas flores de labor de gancho.
 





 





Con elas, convertimos a árbore de Nadal nun MAIO moi especial, gústavos?


PREME NA LIGAZÓN PARA VER AS IMAXES

 O alumnado fixo unhas grilandas preciosas con lá amarela, catro paus e un rolo de papel hixiénico.


Os alumnos e alumnas, acompañados polos seus pais, cantáronlle ao maio unha cantiga moi especial. Os nenos e nenas cantaban acompañados polas frautas dos alumnos de quinto e sexto curso de primaria, xunta  eles, o profe Juan e Alba de sexto, tocando a gaita, e Julia mais Erea de primeiro acompañando á pandeireta.



O acto rematou co baile das fitas, protagonizado polo alumnado do cuarto curso de primaria.




mércores, 16 de maio de 2018

A ESCOLA PARTICIPA NO CORRELINGUA

Como paso previo ás LETRAS GALEGAS, hoxe, os alumnos do cuarto e quinto curso de Primaria participou no Correlingua; a marcha reivindicativa pola nosa lingua.



Nun ambiente festivo paseamos xunto a 2000 nenos e nenas máis desde o Concello ao parque de Castrelos. 

Alí nos agardaban diferentes actos: as actuacións de Cé Orquestra Fantasma e o grupo gañador do concurso do Cantalingua.Tamén foron premiados os centros gañadores do manifesto e do cartel deste evento. 
En resumo, unha mañá de festa a prol da nosa lingua na que tamén nos encontramos con antigos alumnos da nosa escola.





martes, 15 de maio de 2018

PROGRAMA "FROITA NA ESCOLA"


A vindeira semana comezará o Programa de distribución de froita fresca ao alumnado correspondiente ao presente curso escolar. A froita que se lles ofrecerá aos rapaces no tempo de lecer está subvencionada con fondos europeos, e pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades. 

A froita ofréceselle á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde non sexa recomendable.
A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas.

Grazas pola vosa colaboración.