sábado, 16 de novembro de 2013

AS CATRO ESTACIONS DA ARTE.

Ao longo do mes de outubro e novembro, todos os alumnos e alumnas da nosa escola, coa excepción dos de tres anos,  visitaron a FUNDACIÓN NOVACAIXAGALICIA para disfrutar dun programa didáctico que versaba sobre a Histora da arte galega dende o século XIX ata os nosos días, da man dunha selección de destacados artistas galegos.
Tivemos a ocasión de analizar paisaxes de Villaamil, na época do Romanticismo, do retrato requerido pola burguesía da época. Tivemos a ocasión de admirar un cadro do fillo de Rosalía de Castro, D. Ovidio Murguía de Castro, e moitos outras obras de pintores tan coñecidos como Laxeiro, Seoane, Urbano Lugrís,...
A visión e estudo destas obras, estivo acompañada da música de Vivaldi. Aquí tedes unha mostra do que aconteceu.Os nenos e nenas pasaronno de maravilla.



venres, 15 de novembro de 2013

UN SAMAÍN E UN MAGOSTO MOI ESPECIAL PARA OS NEN@S DE 4 ANOS.

SE QUEREDES MIRAR AS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS OS NEN@S DE 4 ANOS NO SAMAÍN E NO MAGOSTO,PREMEDE NA FOTO E IREDES,DIRECTAMENTE,ÁS LIGAZÓNS PARA QUE POIDADES DESCARGAR FOTOS E APRENDER COUSAS INTERESANTES.
NAS NOSAS FESTAS TAMÉN ESTÁN IMPLICADOS OS NEN@S DE PRIMARIA E FAMILIARES DOS NOSOS RAPACES POLO QUE PODEREDES GOZAR DE BONITAS E ENTRAÑABLES FOTOS. NON VOS PODEDES PERDER O ESPECTACULAR ÉXITO DO NOSO PERCORRIDO POLAS AULAS DA NOSA ESCOLA "CHULAS OU PESETAS"NO SAMAÍN.
APROVEITAMOS PARA AGRADECER A COLABORACIÓN DOS PROFES ESPECIALISTAS, TITORES, AS FAMILIAS E OS NEN@S DE PRIMARIA QUE FIXERON DESTAS FESTAS,UNHAS XORNADAS INESQUECIBLES PARA NÓS.

 SAMAÍN :"CHULAS OU PESETAS".
http://perechoemaricruz.blogspot.com.es/2013/11/fantastica-festa-de-samain-para-os.html
 MAGOSTO 2013.
http://perechoemaricruz.blogspot.com.es/2013/11/magosto-2013-na-nosa-aula-e-na-nosa.html

OS NENOS DE CINCO ANOS EXPERIMENTAMOS. FACEMOS COLA.

Como facían os nosos avós, hoxe fixemos cola na escola. Foi uha actividade moi bonita e sinxela. A profe Ángela trouxo á escola patacas, nós  pelámolas,  cortámolas e as puxemos a cocer nunha cociña pequena. Cando estiveron preparadas,  deixámolas arrefriar, e... unha vez frías,
COLA.

O LIQUIDAMBAR CAMBIA DE COR.

Unha das cousas importantes do calendario da natureza, que estamos a desenvolver na escola,  trata de observar a evolución das nosas árbores. Un fenómeno espectacular e que paga moito a pena.



mércores, 13 de novembro de 2013

POLO SAN MARTIÑO.... CELEBRAMOS O MAGOSTO.

Un ano máis, na escola celebramos a tradicional festa do Magosto, que non é máis que  unha merenda, na que a castaña é a protagonista. Porén, esta é unha festa  moi importante para o noso cole, xa que pais, nais, avós, mestres e nen@s gozamos cunha actividade conxunta.
Todo comezou coa confección da nosa amiga a CASTAÑEIRA. Nesta ocasión tocoulle aos nenos e nenas de segundo de primaria e do sexto curso da educación infantil.
O gran momento viviuse no día de hoxe, cando os pais e nais colaboraron dun xeito formidable para que todos gozasemos da actividade. MOITAS GRAZAS!!!!

luns, 11 de novembro de 2013

RECICLIÑO E RECICLIÑA.

No día de hoxe, visitou a nosa escola unha unidade móbil do Concello de Vigo, para falar do tema da RECICLAXE co alumnado de segundo, terceiro e cuarto de educación primaria.
O noso Concello leva xa dez anos traballando coa reciclaxe. A finalidade deste proxecto é que os nenos e nenas aprendan a separar na casa os productos reciclables e levalos aos colectores.
Agasallaronnos ao final da actividade cunha camiseta, unha bolsa e un antiface.





venres, 8 de novembro de 2013

12 de santos do 2013. MAGOSTO.


O magosto tradicional, enténdese como unha merenda, a base de castañas asadas. Adoita celebrarse no mes de novembro, arredor do San Martiño. Acéndese un lume, ata facer brasas, enriba delas póñense as grellas ou tambores furados, coas castañas dentro, vaiselles dando volta cun pao ata que estean ben asadas. Namentres, os demais participantes da festa, buscan un sitio axeitado para comelas. E, por suposto, a festa non sería tal sen contar coa práctica de distintos xogos: a corda, a petanca, a ra, xogos con aros, o brilé, o pano,...



Para facer esta festa é preciso que as familias colaboren coa ACHEGA DE CASTAÑAS. Precisamos que cada familia mande unhas poucas. Estas, deberán estar atasnicadas,  para que non estoupen no lume, e deixaranse nunha caixa que estará en cada unha das aulas, os días 11 e 12 de novembro. Moitas grazas.

 O programa previsto para o martes será:
11.30 a 12.30 h. Xogos populares para Educación Infantil e Educación Primaria.
12.30 a 14.00 h. Reparto de castañas.
 As familias que o desexen, poderán participar no asado das castañas poñéndose en contacto coa ANPA e o resto poderán acceder á escola a partir das 12.30 h.
Nas aulas, xa estamos a traballar esta festa tradicional con adiviñas, refráns, cantigas,... 



ADIVIÑA:

ALTO ESTOU
COR DE OURO TEÑO
E POR UNHA RISOTADA
PERDO O QUE TEÑO.


REFRÁNS: 

AS CASTAÑAS QUE DESPOIS DO SAN MARTIÑO QUEDAN NO SOUTO, SON DO MOUCHO. 

POLO SAN CIBRÁN CASTAÑAS MADURAS NA MAN.

SE XANTAS CASTAÑAS, DE VISITA NON VAIAS.

CASTAÑIÑAS A ROER, PIOLLIÑOS A NACER.

xoves, 7 de novembro de 2013

"Trouble in the Jungle"

 

No día de onte, na escola tivo lugar, para os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria, un Contacontos en inglés.  Usáronse distintas técnicas:  teatro,  monicreques,  e  cancións e música en vivo para axudar  á comprensión da historia. 

Foi unha actividade moi interesante na que dun xeito dinámico os rapaces entran en contacto con outra lingua.  Todos os nenos e nenas gozaron dela. A valoración é moi positiva.







mércores, 6 de novembro de 2013

UNHA CURTA ESPECIAL SOBRE OS LIBROS. LOS LIBROS VOLADORES.

Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS celebrado a semana pasada, agasallámosvos cunha curta especial.

Ademáis aproveitamos para darvos as grazas pola vosa participación nas recomendacións lectoras. Velaquí unha mostra das primeiras que chegaron. En breve poremos todas. Angela.

mércores, 30 de outubro de 2013

A TÚA OPINIÓN É IMPORTANTE.

A TÚA OPINIÓN É IMPORTANTE...
FAI COMENTARIOS,
A NÓS, DANOS MOITO TRABALLO FACER AS ENTRADAS NOS BLOGUES.
SABEMOS QUE OS VISITADES, PERO...
SE NON COMENTADES, O NOSO BLOGUE MORRE.

martes, 29 de outubro de 2013

PREPARANDO O SAMAÍN 2013.


Os nenos e nenas de terceiro de primaria foron os encargados de decorar as paredes preparadas polos mestres para facer o recuncho do medo con motivo da festa tradicional celta do Samaín.
Logo, a colaboración das familias faise imprescindible para a realización da actividade que terá o seu momento máis importante ao longo de mañá pola mañá.


Agora un par de recomendacións lectoras para estos días:
CONTO: CORRE ,CORRE CABACIÑA.
OQO EDITORA.


CANTIGA: CORRE, CORRE CABACIÑA.



CONTO: FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS.


Angela.

luns, 28 de outubro de 2013

GALICIA 365. CHEGA O OUTONO.

Co comezo das clases comeza o outono, co outono chega o tempo de vendima. Os nosos rapaces comezan a traballar, facemos entre todos un mural de vendima .Quedou precioso.
Os nenos e nenas de cinco anos no seu taller de plástica traballaron arreo. Ademáis cada neno e nena debuxou un acio de uvas. Con eles fixemos un mural para decorar o corredor principal da nosa escola.













Angela.

sábado, 26 de outubro de 2013

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA.

 Dende a escola propoñemos celebrar dun xeito especial o DÍA DA BIBLIOTECA, a pesares de coincidir co día da folga no ensino, polo que extenderemos a actividade ao longo da semana que vén.  Propomos unha actividade en familia: 
RECOMENDA LIBROS A TODOS E TODAS.
Seguro que tedes moitos, un para cada día do ano ou para cada estado de ánimo: teredes libros para días de chuvia, para os días tristes, contos para o Nadal ou para ler nas vacacións, libros para celebrar ou para chorar, o voso libro favorito,...
O noso obxectivo é conseguir 
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico

Nos días de chuva ou vento: 
libros de entretenemento.
Nos de néboa e poalla:
libros de risas a esgalla.
Días de nubes con sol:
libros de contos de amor.
Para días de treboada:
libros de meigas e maxia.

Nos días de moito frío:
libros que falen de amigos.
E nos días de calor:
algúns libros de terror. 

e
versos segundo o estado de ánimo!!
Días nos que estou furioso:
libros para nenos curiosos.
Días de moita alegría:
libros..., libros de poesía!
Días de tristura e choros:
libros de música e coros.
Para os días sen paciencia:
libros de animais e ciencia.
Nos días de aburrimento:
libros de historias, a centos.
Para eses días escuros:
Libros de cómics, seguro!
E para tódolos días...
libros das "estanterías"! 
 
Animádevos a participar!

Dende o día de hoxe, comezan a rodar polas casas as nosas mochilas viaxeiras, cheas de recomendacións.
 
E os novos alumnos e alumnas coñecerán a nosa mascota picolindo que lles agasallará co seu carnet da biblioteca. 


 
 

venres, 25 de outubro de 2013