No día de onte, na escola tivo lugar, para os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de Educación Primaria, un Contacontos en inglés. Usáronse distintas técnicas: teatro, monicreques, e cancións e música en vivo para axudar á comprensión da historia.
Foi unha actividade moi interesante na que dun xeito dinámico os rapaces entran en contacto con outra lingua. Todos os nenos e nenas gozaron dela. A valoración é moi positiva.
Muy buena actividad :)
ResponderEliminar