venres, 9 de febreiro de 2024

FESTA DE ENTROIDO 2024

 

Pois si, logo de cinco días de mandadiños do Meco, chegou o gran día da festa! Hoxe venres celebramos a festa do ENTROIDO. Non foi o día que todos esperabamos, pois por mor das inclemencias metereolóxicas, non puidemos levar a cabo o tradicional pasarrúas a Bouzas. Pero todos tiñamos ganas de festa, polo que tivemos que modificar o programa, preparar obradoiros nas aulas e montar noutros espazos as actividades que se ían levar a cabo. Grazas a gran colaboración das familias, montouse unha gran degustación de sobremesas, filloas, flores, chulas,... Ás 11 tivemos unha gran merenda colectiva. 

 

Máis tarde, tivemos sesión fotográfica dos distintos grupos. Grazas a eles, visitamos:

4º EDUCACIÓN INFANTIL: A SABANA



5º EDUCACIÓN INFANTIL: O DESERTO



 

6º EDUCACIÓN INFANTIL: A CHARCA


1º EDUCACIÓN PRIMARIA: A SELVA

 


 

2º EDUCACIÓN PRIMARIA: OS RIOS

3º EDUCACIÓN PRIMARIA: O FORMIGUEIRO



4º EDUCACIÓN PRIMARIA: AS ILLAS ATLÁNTICAS


5º EDUCACIÓN PRIMARIA: OS BOSQUES

 

 

6º EDUCACIÓN PRIMARIA: O DESERTO ÁRTICO 



 

Ás 13h, acompañados polas familias, desenvolvemos un pasarrúas na pista polideportiva onde moi fachedosos locemos os nosos disfraces. 


 

 


 

Grazas familias por levarnos a pulos!


Finalizado o desfile, tivo lugar o XUÍZO DO MECO, grazas ao alumnado do sexto curso.


 Este ano, o MECO EXPLORADOR, foi escoitado por todos e polos seus argumentos conseguiu ser indultado, é un meco bo, un meco ecoloxísta, que nos axuda e guía para coidar o noso planeta.


 

Logo tempo de festa e baile, e, nun despiste...

Que lle pasou ao Meco Explorador?, alguén non se enterou do seu indulto?, o que aconteceu volo resumimos nesta imaxe, por favor, quen saiba quen foi  o culpable, que nolo faga saber.


 

Agora toca esperar todo un ano para volver a gozar dun novo entroido. Gozade destes días de descanso, aproveitade para facer niños de paxaros e colocalos en árbores. 

Na seguinte ligazón poderedes ver tódalas imaxes da festa.

 IMAXES FESTA ENTROIDO 24

Bo entroido!

 












Ningún comentario:

Publicar un comentario