venres, 23 de febreiro de 2024

23 de candeas, DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe na escola celebramos o Día de Rosalía de Castro. Levamos xa un tempiño facendo pequenas actividades que nos axudan a coñecer a esta gran escritora.

O alumnado do sexto curso de primaria, preparou uns versos recomendados pola Asociación Galega de Escritores e Escritoras, e en grupos cooperativos, cunha cartolina máis un lápiz, deseñaron un boceto de debuxo, que representase esos versos. Cinco equipos, cinco versos. Hoxe, utilizando unha técnica de maxia con papel aprendida na conferencia RAIOLA  polo profesorado na xornada de Biblioteca Creativa, impartida por Pablo Otero e Mark Ritchie, os cativos do primeiro curso gozaron dunha poesía debuxada, ou máis ben animada. 

 


Paralelamente, coa mesma poesía e coa mesma técnica cooperativa, o alumnado do quinto curso de primaria, ilustrou os versos facendo collage e o alumnado do cuarto curso fixo un retrato de Rosalía de Castro.

 

 Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!Festiña por fóra,
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pediron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
runxindo pasaba.

Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.



Ningún comentario:

Publicar un comentario