mércores, 18 de maio de 2022

Migallas no Resío

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 4º gozamos dunha sesión de Contacontos  e música  "ELAS CONTAN MOITO" a cargo de Bea Campos e Manuel Pombal, da compañía Migallas Teatro. Con eles revivimos as historias de "Rosa Caramelo", "Daniela Pirata", "O libro dos porcos" e "Papá, por favor, achégame a lúa" dun xeito moi divertido. Grazas, artistas!

 

 (Preme na foto para ver máis)

Esta actuación é parte dos agasallos que obtivo a escola tras gañar a nosa alumna Iria Portabales o Concurso IGUALITARIO da Deputación de Pontevedra "Búscase a Talento. Estivemos tamén acompañad@s da Deputada e Concelleira Ana Laura Iglesias.


 



 


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario