O venres 13 de maio celebramos na nosa escola a festa dos Maios e o Día das Letras Galegas, que este ano 2022 está adicado a Florencio Delgado Gurriarán.
Ao longo da semana estivemos traballando diversas actividades para coñecer a súa obra e a súa traxectoria vital. Os materias cos que traballamos foron estes.
As primeiras horas da mañá adicámolas a montar o maio e preparar as grilandas para decoralo. Despois, entre todas as aulas fomos adornando o noso maio coas grilandas confeccionadas na clase. Ao rematar, cantámoslle as coplas.
Aquí podedes ver as fotos que fixemos ao longo da xornada:
Máis tarde, o alumnado de 4º de Ed. Primaria bailou a danza das fitas, como é tradición na nosa escola.
Despois cantamos todos o Himno e rematamos a xornada nun ambiente de festa.
Acompañáronnos nesta celebración as pendeireteiras "As mozas de ouro" e os gaiteiros Xacobe e Luís, todos eles procedentes de Coruxo, aos que lles estamo moi agradecidos e agardamos que nos volvan acompañar en próximas ocasións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario