luns, 29 de novembro de 2010

E... CHEGOU O DÍA.


Este mércores 24 de novembro pasará á historia do noso centro escolar, A Xunta inicia mañá mesmo as obras é prevé que o novo recinto estea listo para o vindeiro curso escolar.

Tras varios anos de peticións, reclamacións e movilizacions, hoxe asináronse as actas que indican que as obras están iniciadas. Esta mañá tivo lugar o acto de "replanteo" despois de que o Concello aprobase no día de onte o acordo para o desaloxo da vivenda destinada ao porteiro vixiante.
A Xunta investirá mais de dous millóns de euros para realizar a reforma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario