martes, 30 de novembro de 2010

CHEGOU O DÍA ESPERADO. AS MÁQUINAS COMEZAN A TRABALLAR.

Hoxe, 29 de Novembro, comezaron as obras na nosa escola. A maquinaria botou a andar, os operarios a traballar. Cando chegamos á escola, preto das nove, xa se intuía movemento. A iso das 10 da mañá apareceu esta retroescavadora que derrubou parte do cerramento da nosa escola para facilitar a entrada de tódolos vehículos de construcción precisos para á demolición e posterior construcción.
Xa chegada á tardiña, os obreiros entraron en acción é pouco a pouco, ... mirade como deixaron á beirarrúa da escola.


Mañá será outro día. Todo indica que comezarán a demoler o PAVILLÓN. Seremos quen de velo? .

Que máquinas virán?. Estaremos todos atentos  e provistos de cámaras para poder grabar o gran momento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario