sábado, 10 de outubro de 2026
venres, 9 de outubro de 2026
VOLVEMOS REFORESTAR?
O pasado curso, tras a vaga de lumes que sufriu a nosa terra, reforestamos os montes de Beade. Este curso, traballando o Camiño, decatámonos de que moitos dos seus tramos carecen de sombra. Por iso, dende a escola queremos contribuír á súa reforestación plantando árbores autóctonas, como castiñeiros e carballos, máis resistentes ao lume.
Precisamos da vosa colaboración!
Durante a fin de semana, recollede landras e castañas acabadas de caer das árbores, desta tempada, e preparádeas seguindo as indicacións da guía adxunta.
Cando medren as pequenas árbores, organizararemos unha saída en familia para plantalas.
Podedes enviar imaxes do proceso ao wasapp da escola , 658715569, indicando onde foron recollidas as sementes.
Moitas grazas!
xoves, 8 de outubro de 2026
mércores, 7 de outubro de 2026
PENSAMOS...
Na aula Steam seguimos a traballar o pensamento computacional, atención, traballo en equipo, inclusión, pensamento crítico e a aceptación do erro e a paciencia.
COMEZAMOS... CLUB DE LECTURA
Esta semana, no clube de Picolindo, fixemos a escolla das nosas primeiras lecturas deste curso: 8 libros en 8 clubes.
Familias, estade atentas e ide quecendo que sodes as seguintes!
martes, 6 de outubro de 2026
OUTONO
Os paxaros marchan
buscando o calor
as follas caen
e cambian de cor
O día é máis curto
quenta pouco o sol
as mazás e as uvas
que ricas son!
En 4º EI, encántanos vivenciar esta estación.
Benvido, Outono!
venres, 2 de outubro de 2026
HOXE VISÍTANOS... DAMIÁN ALONSO
Dentro do programa de Radio na escola, hoxe ao longo de toda a mañá tivo lugar un obradoiro formativo para o alumnado do quinto curso de primaria.
Comezamos a mañá traballando a vocalización, a proxección de voz, os cambios de intensidade e ritmos, cambio de ton, a entonación,...
Damián fíxonos moito fincapé nas pausas. Descubrimos con él o importantes que son.
A continuación falamos da Escaleta, descubriunos o significado desta palabra e aprendeunos que ten cinco partes:
- Entradiña
- Presentación
- Información
- Opinión
- Despedida
Logo, traballamos por parellas, eleximos unha temáticas, fixemos o guión, correximos os erros é...
Tocou grabar as distintas partes na radio. Alí, fixemos dúas funcións: por un lado aprendimos a utilizar a mesa e por outra fixemos duns marabillosos locutores.
Sen darnos conta, chegaron as 14h, tempo de marchar para casa.
Grazas Damián, volveremos contar contigo na escola!
Traballamos moitísimo nesta mañá, e en breve, poderedes escoitar o programa piloto deste curso.
xoves, 1 de outubro de 2026
LABORATORIO DE MONSTROS
"Laboratorio de monstros" é unha actividade na que o alumnado crea un monstro seguindo uns pasos. Despois experimentarán e descubrirán como cambian dependendo das cores, faremos catro versións do noso monstro.
1. Deseñamos o monstro. Primeiro debúxan con rotulador negro, facendo que as liñas sexan claras e marcadas.
2. Dámoslle cor. Unha vez rematado o debuxo, poden colorealo libremente. Esta sería a versión orixinal, na que poden escoller as cores que queiran.
3. Fotocopiamos o monstro. Cando todos teñan o deseño rematado, faremos tres fotocopias do seu monstro. Así, cada alumno/a terá catro versións iguais do seu deseño. Agora imos descubrir como pode cambiar simplemente cambiando as cores.
- MONSTRO 1: Colorea o teu monstro libremente. Escolle as cores que máis che gusten. Como imaxinas o teu monstro?
- MONSTRO 2: O monstro das CORES QUENTES. Utiliza principalmente vermellos, laranxas e amarelos. Queres conseguir un monstro que transmita calor e enerxía .
- MONSTRO 3: O monstro das CORES FRÍAS Utiliza principalmente azuis, verdes e violetas. ¿será un monstro frío e misterioso?
- MONSTRO 4: O monstro das CORES NEUTRAS. Utiliza brancos, negros e grises e, se queres, pequenas variacións destes tons. Poderás crear un monstro misterioso, fantasmagórico e arrepiante.
As cores poden cambiar o aspecto e a personalidade dun mesmo personaxe. Cal é o teu preferido?
.png)
.png)
luns, 14 de setembro de 2026
Recolleita de millo
En 6º E.I. estivesmos a recoller o millo que plantamos na primavera e despois divertímonos moito esfollando e debullando.
Coñecendo as nosas tradicións. Aprendendo do camiño!
mércores, 9 de setembro de 2026
luns, 15 de xuño de 2026
FINAL PASAPALABRA:"O FEITO A MAN"
Como actividade final ao proxecto anual da escola, hoxe tiveron lugar as finais de pasapalabra. Por falta de participación do alumnado na clasificatoria, non se fixo final no primeiro ciclo de primaria, pero sí, no segundo e terceiro ciclo. Os equipos clasificados foron:
Segundo ciclo:
- Equipo A: Xacobe, Brais, Xela e Nora
- Equipo B: Lucía, Andrea, Leyre L e Beltrán
![]() |
| EQUIPO B, SEGUNDO CICLO PRIMARIA |
Terceiro ciclo:
- Equipo A:Natalia, Mia, Alba e Olivia
- Equipo B:Luis, Daniel, Claudia e Iris
Emocionantes finais nas que se proclamaron gañadores o Equipo B, de ambas finais. Agradecer a participación dos lectores e azafatos de sexto e cuarto curso de primaria.
| EQUIPO A, TERCEIRO CICLO |
TALENTOS 2026
Por fin, chegou o esperado día, comezan as IV XORNADAS DE TALENTOS. Os videos presentados son os que seguen:
Hoxe contamos en directo con Arleth Lara, Isabel Diéguez, Noa Corbacho e Julia Leirós.
xoves, 11 de xuño de 2026
O CURSO NUN CLIC
OBRADOIRO DE ROBÓTICA
O alumnado do primeiro e segundo curso de primaria gozaron dun obradoiro de robótica na escola. Traballando con Legos e motores, construíron unha peonza. Foi moi divertido!
GRAZAS, JÓVENES INGENIEROS!
mércores, 10 de xuño de 2026
ANTONI GAUDÍ
Ao longo deste curso achegámonos á figura de Antonio Gaudí, un dos arquitectos máis importantes e recoñecidos da historia. Este ano lembramos de maneira especial a súa figura ao celebrarse o centenario do seu pasamento, unha oportunidade perfecta para coñecer mellor a súa vida e a súa extraordinaria obra.
A través de conversas na aula, vídeos, lecturas e diferentes actividades, a rapazada descubriu quen foi Gaudí, como era a Barcelona da súa época e por que as súas construcións continúan sorprendendo persoas de todo o mundo. Chamounos especialmente a atención a súa capacidade para observar a natureza e inspirarse nela para crear edificios únicos, cheos de formas orgánicas, cor e luz.
Tamén coñecemos unha das técnicas máis características da súa obra, o trencadís, un tipo de mosaico elaborado con fragmentos de azulexos e cerámica que empregou para decorar moitos dos seus edificios e esculturas. Esta técnica serviunos para reflexionar sobre a creatividade, a reutilización de materiais e a importancia da arte como forma de expresión.
Durante as nosas investigacións descubrimos tamén a fascinación que Gaudí sentía polos dragóns, figuras que aparecen en varias das súas creacións máis coñecidas e que están relacionadas coa lenda de San Xurxo, patrón de Cataluña. Esta curiosidade inspirou boa parte das actividades desenvolvidas no centro.
O alumnado de terceiro curso está a traballar a reciclaxe a través da creación artística, tomando como referencia os dragóns e os libros desta temática presentes na biblioteca escolar. Os nenos e nenas están a recrear as portadas dalgunhas destas obras, combinando lectura, arte e reutilización de materiais nun proxecto cheo de imaxinación e creatividade.
Pola súa banda, o resto dos cursos tamén quixo sumarse a esta homenaxe a Gaudí incorporando pequenos dragóns nas súas producións artísticas. Así, entre murais, debuxos e traballos plásticos, os dragóns fóronse agochando por diferentes recunchos da aula de plástica, converténdose nun divertido fío condutor que une as creacións do alumnado e que nos invita a observar con atención cada unha delas.
Entre todas as súas creacións, dedicamos unha atención especial á Basílica da Sagrada Familia, a súa obra máis coñecida e o proxecto ao que dedicou os últimos anos da súa vida. O alumnado descubriu que Gaudí chegou a entregarse por completo á construción deste templo, dedicándolle todos os seus esforzos e converténdoo na gran obra da súa vida.
Como peche deste traballo, o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria elaboraron de xeito colaborativo un fermoso mural no corredor do andar baixo inspirado na obra do arquitecto, enchendo o espazo de cor, mosaicos e formas que evocan o seu estilo inconfundible.
Aínda nos quedan moitas cousas por descubrir sobre este xenio da arquitectura. Por iso, o vindeiro curso seguiremos investigando, creando e aprendendo arredor da súa vida e do extraordinario legado artístico que nos deixou.


.png)
.jpg)




.jpg)
.jpg)
.jpg)


.jpg)
.png)
.png)
.jpg)
.jpg)







