Mañá da comezo o segundo ciclo de CINE NA ESCOLA.
O programa é o que segue:
xoves, 3 de maio de 2018
mércores, 2 de maio de 2018
VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA
O alumnado do quinto e sexto curso de Primaria viaxaron no día de hoxe a Santiago de Compostela para coñecer de preto dúas institucións: por un lado visitaron o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en San Caetano e por outra banda visitaron o Parlamento Galego.
Acompañados polos seus titores, participaron no programa Coñece as túas Institucións, e descubriron como funciona o goberno galego.
Foi unha experiencia moi proveitosa!
luns, 30 de abril de 2018
NOVENA CONFERENCIA : EXPERTOS NO PAN DE MILLO
Co alumnado do segundo curso da Educación Primaria, ten lugar a novena e última conferencia das IX xornadas de expertos "Da eira á capoeira".
Este venres, o alumnado de segundo foi experto no PAN.
Este é un alimento básico, e que aos cativos lles encanta.
Plantar, esfollar, debullar, moer, peneirar, amasar, salferir, furar, cocer,... termos que utilizaron na súa conferencia.
Para explicar como chegaron ao enfornado da masa elaborada con:
- millo
- sal
- auga
- lévedo
Unha experiencia inesquecible.
O profe Gonzalo axudoulles na montaxe do vídeo.
E como non, un videoclip coa cantiga que máis lles gusta neste curso escolar; pertence ao Libro-disco Pan de Millo do grupo Migallas-Teatro.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EDLG,
EXPERTOS,
PROXECTO DE PICOLINDO
sábado, 28 de abril de 2018
OITAVA CONFERENCIA DE EXPERTOS: OS XOGOS TRADICIONAIS E POPULARES
Nun tempo no que non existían as consolas nin os videoxogos, os rapaces e rapazas xogaban nas eiras. Que tempos aqueles!
O pano, a mariola, os peons, aros, cordas, zancos, carreiros de sacos, a pita cega,... son moitos dos xogos populares que formaron parte da nenez dos pais, nais e avós dos nosos alumn@s. Con eles entretíñamonos, gozábamos no noso tempo de lecer.
En moitos destes xogos, aprendiamos a coñecer o noso corpo, e noutros, ...
Os nenos e nenas do quinto curso de primaria, nolo contan.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EDLG,
EXPERTOS,
O PROXECTO DE PICOLINDO
mércores, 25 de abril de 2018
SÉTIMA CONFERENCIA DE EXPERTOS: OS APEIROS
O alumnado do cuarto curso de educación primaria, elaborou unha sinxela pero amena presentación dos apeiros de labranza máis utilizados. Tivemos pequenos faios técnicos, pero... "son cousas do directo". Magníficos!.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EDLG,
EXPERTOS,
O PROXECTO DE PICOLINDO
SEXTA CONFERENCIA: EXPERTOS NA TERRA E OS CULTIVOS
O alumnado do sexto curso de educación primaria desenvolveu unha investigación intensa nos últimos seis meses que deu como resultado a marabillosa conferencia de hoxe.
Deixamos que gocedes coa mesma.
Aproveitamos esta entrada, para lembrar que esta é a primeira promoción de alumn@s que sae da escola, sendo expertos nalgún tema dende o inicio da súa escolaridade.
No curso 2010/2011 foron expertos nas MÁQUINAS DE CONSTRUCCIÓN. So tiñan catro aniños. Esta é a primeira mostra videográfica que temos desta experiencia tan bonita. Xa daquela o facían estupendamente, non vos parece?
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
COÑECEMENTO DO MEDIO.,
EDLG,
EXPERTOS,
O PROXECTO DE PICOLINDO,
PROXECTOS
APADRIÑAMENTO LECTOR
Gonzalo, mestre de AL da escola, elaborou un fermoso vídeo da actividade do día de onte. O equipo docente está orgulloso deste traballo, e a vós, que vos parece?
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
DÍA DO LIBRO
luns, 23 de abril de 2018
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
APADRIÑAMENTO LECTOR
Hoxe 23 de abril, día do libro, fixemos no noso centro a tradicional
lectura de contos por parte de padriños e madriñas lectoras.
| SE PICAS NO TEXTO GOZARÁS COAS IMAXES DO EVENTO |
Co gallo desta actividade, convocouse o 8º Concurso de deseño dun distintivo para a chapa conmemorativa da celebración.
A gañadora do concurso foi DAIRA ALONSO FEIJOO, do quinto curso de primaria.
Este foi o deseño gañador:
Hoxe, tivemos o pracer de gozar da visita de ALICIA BORRÁS SANJURJO, autora dos libros "Nata e Chocolate" e "Nata e Chocolate invencibles", lecturas que traballaron os alumnos do quinto e sexto curso de primaria.
Na última semana, tivemos o pracer de compartir un ratiño cos:
- Ilustradores e escritores : PINTO E CHINTO.
-
O escritor Carlos López (Chinto) achegouse á escola para falar do libro que escribiu con David Pintor (Pinto) titulado “Cómo cambia el cuento” da Editorial Anaya, ou “Cámbiache o conto” da Editorial Xerais.
Carlos contounos unha morea de minihistorias cheas de imaxinación e coas que o pasamos moi ben. Ademais sabemos que é xornalista que escribe unha tira cómica diaria no xornal “La Voz de Galicia”; dende pequeno goza escoitando historias e que escribe dende sempre, aínda que “so” publica dende hai 20 anos porque “antes de publicar algo hai que practicar moito”. Tamén sabemos que emprega calquera tipo de papel para apuntar as súas ocorrencias, dende panos de mesa do bar ata os tíckets da compra, todo vale.Quedamos cunha frase moi bonita que nos dixo Carlos López. “ A miña non é unha profesión nin máis doada, nin máis difícil que outra; todas son difíciles; so hai que tentar ser bos no que se fai”Grazas, Carlos; cando te vexamos pola rúa seguro que che pedimos ese autógrafo que nos prometeches.- A escritora TERESA GONZÁLEZ COSTA.
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
CONCURSOS,
DÍA DO LIBRO,
PLÁSTICA
QUINTA CONFERENCIA: EXPERTOS NAS ÁRBORES FROITEIRAS GALEGAS
Quenda do alumnado do terceiro curso de educación primaria.
O seu discurso basouse nas árbores froiteiras galegas e as medidas que podemos tomar para coidar o medio ambiente. Transmitiron dun xeito claro a información recabada no seu estudo. Nalgún momento da exposición apoiáronse en diapositivas baseadas na imaxe.
venres, 20 de abril de 2018
CUARTA CONFERENCIA: A VACA
Estupenda conferencia a dos alumnos e alumnas do primeiro curso de educación primaria. O seu tema de investigación foron as vacas e... canto nos aprenderon delas!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EDLG,
EXPERTOS,
O PROXECTO DE PICOLINDO
ATLETISMO EN PISTA PARA QUINTO DE PRIMARIA
Hoxe os alumnos e alumnas do quinto curso de Educación Primaria foron xunto co seu profesor titor e especialista en educación física da escola, ás pistas universitarias do Cuvi a facer unha xornada de atletismo na que competiron con outros cinco centros. Foi moi emocionante e fixeron unha grande acctuación, posto que todos participaron nalgunha das probas:
- carreiras de 60m e 500m
- lanzamentos de pesos e vórtex
- salto de lonxitude e,
- carreira de remudas.
Non era o máis importante pero, con todo, gañaron e conseguiron boas actuacións na maioría das probas. A ver se temos sorte e nos clasificamos para a final provincial. Queremos repetir!!!
Esta xornada de atletismo forma parte dun curso de formación do profesorado no que previamente desenvólvese unha unidade didáctica de preparación nas clases de Educación Física.
TERCEIRA CONFERENCIA: AS ABELLAS
Hoxe foi a quenda dos máis cativos da escola. Unha primeira experiencia de posta en común das súas aprendizaxes. As emocións e as sensacións que viviron cada un deles foron moi diferentes; uns quedaron calados, outros choraron, e outros, demostraron as súas cualidades para falar en público sen vergoña. Cando rematen a súa escolaridade na escola serán todos uns expertos na oratoria!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
EDLG,
EXPERTOS,
O PROXECTO DE PICOLINDO
mércores, 18 de abril de 2018
SEGUNDA CONFERENCIA: A CAPOEIRA
Os nenos e nenas de catro anos, axudados pola súa mestra Eva, investigaron e experimentaron nos animais da capoeira. Falaron de galiñas, pitos e ovos así como de apetitosos pratos que preparar con eles.
Tamén nos aprenderon cousas sobre outras aves (que non voan) de curral como : gansos, pavos e patos.
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
ED. INFANTIL,
EDLG,
EXPERTOS,
O PROXECTO DE PICOLINDO
OS BOOKTUBERS DE ABRIL
Xa temos aos novos booktubers. Como é abril, esperamos que gocedes con eles.
Etiquetas:
ANIMACIÓN LECTORA,
BIBLIOTECA,
BOOKTUBERS
martes, 17 de abril de 2018
VIII XORNADAS DE EXPERTOS: DA EIRA Á CAPOEIRA.PRIMEIRA EXPOSICIÓN:"OS NOSOS PORCOS CELTAS".
Hoxe deron comezo na escola as novenas xornadas de expertos. O tema a desenvolver é o noso proxecto anual
Inauguraron
as xornadas @s pequen@s de 6º curso de educación infantil que tiñan
como tema
"O NOSO PORCO CELTA".
Levan todo o curso a investigar e especializándose nos
porcos CELTAS e explicaron, coa axuda da súa mestra Maricruz, aos outros nen@s
da escola,a súa investigación.
O programa de conferencias é o que segue:
- 17/14/2018. Porcos Celtas con 6º E.I.
- 18/04/2018. Galiñas con 5º E.I.
- 19/04/2018. Apicultores con 4º E.I.
- 20/04/2018. A corte de 1º E.P.
- 23/04/2018. Árbores froiteiras de 3º E.P.
- 24/04/2018. O pan cos nenos de 2º E.P.
- 25/04/2018. Os xogos tradicionais de 5º E.P.
- 26/04/2018. A terra e os cultivos de 6º E.P.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















