luns, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

APADRIÑAMENTO LECTOR

Hoxe 23 de abril, día do libro, fixemos no noso centro a tradicional lectura de contos por parte de padriños e madriñas lectoras. 
 
SE PICAS NO TEXTO GOZARÁS COAS IMAXES DO EVENTO
Como xa sabedes, este mes de abril, é o mes do libro, no que concentramos unha gran cantidade de actividades ao redor do LIBRO  e o seu mundo.
Co gallo desta actividade, convocouse o 8º Concurso de deseño dun distintivo para a  chapa  conmemorativa da celebración.
A gañadora do concurso foi DAIRA ALONSO FEIJOO, do quinto curso de primaria.


Deseños presentados:

Este foi o deseño gañador:



Hoxe, tivemos o pracer de gozar da visita de ALICIA BORRÁS SANJURJO, autora dos libros "Nata e Chocolate" e "Nata e Chocolate invencibles", lecturas que traballaron os alumnos do quinto e sexto curso de primaria.


 
Alicia Borrás, asinou no libro de visitas de Picolindo




Na última semana, tivemos o pracer de compartir un ratiño cos:
  • Ilustradores e escritores : PINTO E CHINTO.
  • O escritor Carlos López (Chinto) achegouse á escola para falar do libro que escribiu con David Pintor (Pinto)  titulado “Cómo cambia el cuento” da Editorial Anaya, ou “Cámbiache o conto” da Editorial Xerais.

    Carlos contounos unha morea de minihistorias cheas de imaxinación e coas que o pasamos moi ben. Ademais sabemos que é xornalista que escribe unha tira cómica diaria no xornal “La Voz de Galicia”; dende pequeno goza escoitando historias e que escribe dende sempre, aínda que “so”  publica dende hai 20 anos porque “antes de publicar algo hai que practicar moito”. Tamén sabemos que emprega calquera tipo de papel para apuntar as súas ocorrencias, dende panos de mesa do bar ata os tíckets da compra, todo vale.
    Quedamos cunha frase moi bonita que nos dixo Carlos López. “ A miña non é unha profesión nin máis doada, nin máis difícil que outra; todas son difíciles; so hai que tentar ser bos no que se fai”
    Grazas, Carlos; cando te vexamos pola rúa seguro que che pedimos ese autógrafo que nos prometeches.

    • A escritora TERESA GONZÁLEZ COSTA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario