GRADUACIÓNS 6º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 6º CURSO DE PRIMARIA.
ENTREGA AGASALLOS BIBLIOTECA, MELLORES LECTORES CURSO 2011/2012.
E...
AS BÁGOAS DA DESPEDIDA.
PREME NO DEBUXO DO CABALEIRO DAS CUNCHAS E DECUBRE ESTA FERMOSA LENDA DE BOUZAS ,ADEMÁIS DE CONSULTAR O PROGRAMA DAS FESTAS DESTA FERMOSA VILA ,ONDE ESTÁ UBICADA O NOSO COLE,QUE SERÁN ESTA FIN DE SEMANA.
NON VOS PODEDES PERDER ESTAS FESTAS QUE SON DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL,NIN A SÚA TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO.
A pesar das grandes restriccións económicas que sofren os equipos de dinamización lingüística, a nosa escola fai un esforzo por manter a Revista Escolar. Non sabemos se o vindeiro curso poderemos seguir imprimindoa pero de momento imos a gozar co traballo de tódolos nenos e nenas. Unha pequena presentación para abrir boca. Esperamos que sexa do voso agrado.
Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA, polo voso traballo e esforzo!.
A Consellería de Educación, Cultura e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2012-2013. Na citada relación aparece a nosa escola entre os 165 centros seleccionados. Isto vai supoñer que o noso centro conte no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de E. P.
Cada aula dixital contará co seguinte equipamento: * Un ultraportátil para cada alumno/a. * Un portátil por aula para o uso dos docentes. * Un encerado dixital interactivo. * Un proxector. * Un armario para a carga dos equipos. * Rede wifi. Abalar é o proxecto que procura a integración plena das TIC na práctica educativa e tende cara á modernización e mellora da educación.
Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes e pretende maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias dos vosos fillos e fillas. Isto non podería ser posible sen o grande apoio do profesorado que se forma día a día de cara á modernización do ensino.
Prometemos camiñar pasiño a pasiño e queremos comunicarvos que estamos de noraboa.
Para rematar as Xornadas de Expertos os nen@s do 3º ciclo de Primaria (quinto e sexto) fixeron unha conferencia sobre o AMOR. A proposta do 3º ciclo mesturaba representacións, adiviñas, vídeos, e moita información aprendida no aula TIC a través da investigación na rede. Cos rapaces de quinto xogamos a adiviñar o tipo de amor que representaban.Os rapaces de sexto amosaron un power point de investigación con definicións, sinónimos e antónimos, imaxes que representan amor, como se pronuncia e escribe noutros idiomas, sons e vídeos creados por eles mesmos; demostrando a súa habilidade no uso das ferramentas tecnolóxicas.
Hoxe foi a quenda dos rapaces de 2º ciclo de primaria (terceiro e cuarto), EXPERTOS no ANOXO. Aprendimos moitas formas diferentes de dicir "estou enfadado" en idiomas do noso país ou doutros próximos, ou en idiomas de nen@s extraxeiros que estudan na nosa escola (romanés, ruso, árabe, grego, alemán, chinés).
Representaron dúas pequenas obras para amosarnos que "algunhas veces" cando nos enfadamos con alguén e sentimos esa sensación que tanto nos desagrada, podiámolo evitar fixándonos nos "pequenos detalles". As veces, os enfados non son máis que "malos entendidos" ou confusións que se poderían arranxar falando.
Os protagonistas de hoxe foron os nen@s do 1º ciclo de primaria (primeiro e segundo). Xuntos fixeron unha conferencia divertida que espertou os sorrisos de todo@s os nen@s e mestres que os escoitabamos. Explicaron o que os fai felices, as músicas e obras de arte que lles inspiran felicidade e como recoñecer e vivir esta emoción. Tamén contaron chistes e recitaron poemas. Ao final, proxectaron vídeos graciosos para rematar rindo ás gargalladas.